InicioLugo e contornaLugoMédicos xubilados para reforzar a Primaria en Lugo: "esta non é a...

Médicos xubilados para reforzar a Primaria en Lugo: “esta non é a solución”

UGT defende mellorar as condicións da sanidade galega para evitar a fuga de novos profesionais a outras CC.AA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario da Federación de Servizos Públicos da UGT-Lugo, Eliseo Rivas, estimou este venres que son “sobre 14 os médicos xubilados” que volverán traballar en Atención Primaria na provincia de Lugo, dentro das medidas aplicadas pola Xunta para reforzar o devandito servizo en toda Galicia no contexto de explosión de casos pola pandemia da Covid-19.

Rivas queixouse de que “moitos destes profesionais, destes médicos xubilados, solicitaron no seu momento unha prorroga para seguir traballando e non se lles concedeu”. A Consellería de Sanidade optou por reforzar a primaria con estes facultativos para o seguimento de casos Covid e tramitación de baixas, segundo explicou.

“Iso parécenos positivo para reforzar o servizo, pero esta non é a solución, unha saída que pasa, indubidablemente, por dotar máis persoal sanitario e non sanitario á Atención Primaria”, manifestou o sindicalista. Rivas defendeu que é preciso “evitar que o persoal facultativo e de enfermaría marche a outras comunidades autónomas por contar neses lugares con mellores condicións económicas e laborais”.

A “emerxencia” que vive a Atención Primaria achácaa á “nefasta política da Xunta na sanidade pública e, sobre todo, na Atención Primaria que cada vez vai a peor”, augurou. “Levamos 15 anos que a primaria está en caída libre, máis de dez anos con falta de persoal e máis dunha década con falta de cobertura de vacantes”, afirmou.

Por parte de UGT tamén se trasladou os “enormes problemas” con que se atopan os centros de saúde na provincia de Lugo para dar unha “asistencia sanitaria” de calidade, unha cuestión que, asegura, súplese “coa gran profesionalidade de todo o persoal”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...