InicioSucesosDenuncian un home por estar a menos de 1,5 metros de cinco...

Denuncian un home por estar a menos de 1,5 metros de cinco menores sen máscara e cuspir a un

Así mesmo, durante a noite do venres día 8 axentes da Policía de Barrio que formaban parte do dispositivo para controlar o cumprimento das medidas de prevención establecidas con motivo do Covid-19 realizaron sete actas de denuncia en locais de hostalaría.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo tramitou denuncia contra un home por atoparse a menos de metro e medio de cinco menores sen facer uso da máscara como recollen as medidas para frear a pandemia da Covid-19 e, ademais, cuspir a un deles.

Segundo informou a Policía Local, durante a tarde do pasado día 9 axentes dunha patrulla que prestaba servizo na zona centro da cidade observou como un home cuspía sobre a peza de roupa que vestía un menor de idade que estaba en compañía doutros catro no atrio da Catedral de Lugo.

Os axentes interviñeron “de inmediato”, destacan as mesmas fontes municipais, e impediron que continuase o enfrontamento. Ademais, informaron as partes das accións que puidesen corresponderlles no caso de quixesen presentar algún tipo de denuncia ou reclamación. Tamén os feitos foron postos en coñecemento dos responsables do cinco menores afectados.

En todo caso, este individuo foi denunciado por infracción á Lei de Saúde de Galicia por atoparse a menos de 1,5 metros dos menores sen facer uso da máscara obrigatoria e lanzar “parte dos seus fluídos corporais (saliva) sobre un deles”, destaca a Policía Local.

LOCAIS DE HOSTALARÍA

Así mesmo, durante a noite do venres día 8 axentes da Policía de Barrio que formaban parte do dispositivo para controlar o cumprimento das medidas de prevención establecidas con motivo do Covid-19 realizaron sete actas de denuncia en locais de hostalaría.

En concreto, tres delas foron en locais de lecer nocturno por non esixir aos clientes o certificado Covid; unha nun local da Rolda da Muralla e dúas noutro de Salvador de Madariaga.

Pola súa banda, dúas denuncias debéronse a non facer uso da máscara obrigatoria un camareiro que estaba tras a barra dun local atendendo á clientela, ambas as dúas na rúa Salvador de Madariaga, engaden as mesmas fontes municipais.

E outras dúas denuncias tramitáronse por incumprimento do horario de peche de locais de hostalaría, unha delas na rúa da Cruz ás 2,05 horas e a outra en Salvador de Madariaga ás 2,00 horas.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE denuncia que Candia busca “intentar borrar máis dunha década de avances ambientais en Lugo”

O portavoz socialista, Miguel Fernández, denunciou hoxe que o denominado "plan intensivo de limpeza"...

Acordo entre Xunta e Clúster da Saúde para reforzar a biotecnoloxía galega até 2027

A Xunta de Galicia e o Clúster da Saúde de Galicia asinaron en Lugo...

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Ferido grave tras chocar contra un cabalo na autovía A-6 ao seu paso polas Nogais

Un home resultou ferido grave na noite do martes tras chocar o vehículo no...