InicioLugo e contornaLugoO principal condenado da Carioca podería pasar 18 anos no cárcere

O principal condenado da Carioca podería pasar 18 anos no cárcere

Ten por diante unha condena de 12 anos por malos tratos á súa exparella.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O principal acusado da operación Carioca, José Manuel García Adán, atópase pendente de cumprir os 12 anos de prisión que lle restan por unha condena por malos tratos á súa exparella pola que foi sentenciado a 20 anos de cárcere. O que foi responsable do club de alterne Queens recibiu na prisión leonesa de Mansilla de las Mulas a condena pola principal peza da Carioca, pola que aceptou seis anos de cárcere ao asumir, tras o acordo alcanzado entre as partes, unha serie de delitos.

Por esta condena, García Adán, que se enfrontaba xunto ao outro procesado pola principal trama da Carioca, José Manuel Pulleiro, a unha petición de penas que sumaban máis de 500 anos de cárcere; só lle correspondería cumprir dous anos, posto que xa permaneceu en prisión preventiva durante o período de instrución dun caso do que se cumprirán nas próximas semanas 13 anos.

O principal acusado da trama e dono do club Queens foi condenado polos delitos contra os dereitos de cidadáns estranxeiros, de prostitución coactiva, tenencia ilícita de armas, un delito contra a saúde pública e un continuado de ameazas. No día posterior á ratificación da condena recibida con “indginación” pola Plataforma contra a Impunidade da Carioca, a defensa de García Adán trasladou que se atopa “tranquilo” e con ganas de “acabar con todo isto canto antes para poder gozar de beneficios penais”.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...