InicioLugo e contornaLugoO home acusado de agredir a outro cunha fouce en Lugo alega...

O home acusado de agredir a outro cunha fouce en Lugo alega que “non quería matalo”

O home, aclumado como un dos "Irmáns Dalton" de Láncara, é un vello coñecido da policía.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O home acusado de tentar matar a outro cunha fouce en Lugo alegou este mércores no xuízo, celebrado na Audiencia Provincial de Lugo, que a agresión se produciu durante un “tirapuxa” e que “non era a súa intención matalo”. Os feitos remóntanse a febreiro deste ano 2021, cando o procesado chegou á casa na que vivía, no barrio da Chanca na cidade de Lugo, acompañado polo agredido e unha muller, á que xa coñecía.

A Fiscalía acusa o home, coñecido no ambiente policial por formar parte dunha familia “conflitiva” do concello de Láncara e que se coñecía nesa contorna como un dos “irmáns Dalton”, dun delito de homicidio en grao de tentativa polo que pide oito anos de prisión, e outro sete meses por ameazas. Segundo a acusación pública, o acusado iniciaría unha discusión coa parella e poría unha fouce no pescozo dunha das vítimas, o home, que tivo que ser auxiliado pola muller.

No xuízo, o procesado (B.S.), recoñeceu que ese día bebera “máis de media botella de viño e algunhas cervexas”, confesando que era un “alcohólico crónico”. Tamén precisou que durante o traxecto ata a casa, que non era súa senón outra persoa que lla deixaba para que a “coidase”, non parou de recibir ameazas do outro home.

Xa na vivenda ocupoulle ” a habitación, revolvendo” tamén nas súas cousas. A presunta vítima abalanzouse sobre el, e admitía que no “tirapuxa” púidoo ferir. No xuízo tamén negou que tiveraameazado cunha arma branca á muller á que ademais coñecía, pois adoitaba recollela na rúa e levala ao barrio da Chanca a durmir.

O avogado do acusado, Yago Ferreiro, anunciou antes de entrar na sala de vistas que solicitaría “a libre absolución” ao tratarse “dunha acusación inxusta cara ao representado”. Seguidamente destacou que é “desproporcionada” a petición que trasladou a fiscalía. “Para min é notablemente desproporcionada polos feitos dos que se acusa”, indicou finalmente o avogado.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Accidente en Guitiriz con tres vehículos implicados e un ferido

Varios vehículos víronse implicados este venres, pouco antes do seis da madrugada, nun accidente...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...