InicioLugo e contornaLugoLugo sobe en casos covid pero a menor ritmo que o resto...

Lugo sobe en casos covid pero a menor ritmo que o resto de Galicia

Rexistra 224 casos activos tras sumar outros 13 nas últimas 24 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia supera xa a barreira das 2.000 infeccións activas, con 2.259, o dobre das que se rexistraron hai xusto unha semana, 1.077. Tamén se duplican os contaxios, 360, cando o sábado pasado eran 134; así como a taxa de positividade, que alcanza o 9,79% –o sábado pasado estaba no 4,85%–. Os hospitalizados tamén soben desde a semana pasada, con 14 hospitalizados máis, 63 en total.

Respecto das últimas 24 horas, Galicia conta con 284 casos activos máis e 65 contaxios máis, cunha taxa de positividade que se incrementou nun 2,45%. Ascende tamén o número de hospitalizados a 63 –catro máis–. Segundo os datos publicados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste venres, mantéñense 12 persoas ingresadas en UCI pola Covid en toda Galicia e aumentan a 51 as hospitalizadas noutras unidades –catro máis–.

Na de Lugo hai dous hospitalizados en planta –un máis– e xa ningún en UCI, o que a sitúa como unha das demarcacións sanitarias mellor paradas da Comunidade. Por contra, a área lucense atópase na parte media da táboa a nivel de suba de casos, xa que rexistra 13 máis que na xornada anterior, moi lonxe dos 86 que manteñen Vigo á cabeza pero tamén por enriba dos 3 de Ferrol ou os 11 de Santiago e o Barbanza.

Así, con máis casos continúa a área de Ourense, con 575; seguida da de Vigo, con 516; A Coruña e Cee, con 414; mentres que a de Lugo se sitúa con 224, por riba, iso si, da de Santiago e Barbanza (182), Pontevedra e O Salnés (196); e Ferrol, con 123. Segundo os datos actualizados na tarde deste venres pasado polo Ministerio de Sanidade, Galicia conta cunha taxa a 14 días de 73,58 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media de España ascende a 104,29.

POSITIVIDADE DISPARADA

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test– a nivel galego, continúa en ascenso e sobe ata o 9,79%, tras o 7,34% da xornada anterior, tras descender o xoves ao 4,63% despois de subir a un 5,21% o mércores, baixar ao 2,43% o martes e comezar esta semana co 3,93%. Deste xeito, supera por segunda vez en tres días o limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...