InicioLugo e contornaLugoLugo mobilízase por unha mellor conexión de tren con Galicia e o...

Lugo mobilízase por unha mellor conexión de tren con Galicia e o resto do Estado

Unha plataforma demanda renovar a vía coa Coruña e contar cun ente ferroviario galego que abra liñas a Santiago.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Plataforma ‘Lugo… non  perdas o tren’ vén de lanzar mobilizacións dirixidas ao Goberno central e autonómico para demandar unha mellor conexión ferroviaria da urbe lucense, fronte aos xestos de “ambigüidade” da administración e para equiparar á cidade coa nova serie de melloras que o Goberno central está a anunciar para distintas partes de Galicia e a súa conexión con Madrid.

Segundo destaca a plataforma nun escrito remitido tamén a Adif, Renfe e a alcaldía da cidade, o obxectivo pasaría por contar con liñas de alta velocidade “ao mesmo nivel que calquera capital galega”. “Non nos conformamos nos próximos anos cuns servizos de tren Alvia a 200  ó 250 km./hora ou con tempos Lugo-Madrid superiores ás catro horas”, subliñan dende a asociación, que reivindica unha electrificación readaptada nas vías da provincia para contar con trens Abril de ancho variable en probas a finais de 2022.

As demandas da asociación son varias, abranguendo tanto traxectos de media distancia como rutas máis longas que conectarían a urbe lucense con distintos puntos do territorio peninsular. Así, ao aumento de frecuencias na liña Lugo-Ourense, suman tamén a disposición de trens hotel a Barcelona e a necesaria renovación das vías de Lugo á Coruña, que catalogan de “abandonada” e “en pésimo estado”, de xeito que non é válida para velocidades superiores aos 250 quilómetros por hora.

A asociación reivindica tamén unha mellor administración por parte dos responsables públicos. A ollos de ‘Lugo… non perdas o tren’, sería preciso contar cun ente ferroviario galego propio, un ‘tren galego’ que “configure e explote os servizos ferroviarios entre as capitais galegas” e facilite tamén unha vía que una Santiago, Lugo e A Mariña. “Lugo ten dereito a unha liña directa con Santiago e coa Mariña sen proxectos chapuza”.

+ posts

ÚLTIMAS

A Presidenta abre a tempada das rutas fluviais pola Ribeira Sacra e que conta xa con case 14.000 reservas

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada de deputados e deputadas provinciais...

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...