InicioLugo e contornaLugoCheché Real: "ata que deixen traballar á hostalaría ao 100% non imos...

Cheché Real: “ata que deixen traballar á hostalaría ao 100% non imos estar contentos”

O presidente da Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia reclama recuperar o aforamento completo tamén no lecer nocturno.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os hostaleiros galegos reivindican volver traballar ao cento por cento das súas licenzas, tamén no lecer nocturno, á espera de que a partir do próximo sábado se relaxen as restricións e a Xunta decrete a fin da emerxencia sanitaria. O presidente da Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia, o lucense Cheché Real, deixa claro que: “Nós ata que non consigamos o cento por cento e a normalidade absoluta non imos estar satisfeitos”.

“Agora mesmo a incidencia hospitalaria e de contaxios é mínima. Sabemos que temos que andar con coidado, pero témonos que adaptar como noutras circunstancias e facémolo, así sabemos que nas operacións retorno ou saída vanse a producir accidentes e mortes, pero non por iso restrínxese ningún movemento”, ilustrou.

O tamén presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo incidiu en que con “estas circunstancias sanitarias e hospitalarias deberíase conseguir o cento por cento dos espazos e aforamentos, como así o permiten as licenzas”.

Cheché Real avogou “pola responsabilidade individual”. “Sabemos que hai un virus como hai outros, e agora coas vacinas, que estamos practicamente o 90 por cen da poboación vacinada, temos que coidarnos de non contaxiarnos e facer vida normal”. “Non pode seguir pagando o sector da hostalaría a base de restricións e limitacións nos nosos negocios”, agarega.

“Ata que alcancemos o cento por cento de poder traballar, como permiten as nosas licenzas, non imos estar contentos”, incidiu. Nesta liña, Real concretou que están “pendentes” dunha reunión esta semana coa Xunta “para falar destes temas”, pois “sempre son benvidos” alivios das restricións “despois de dous anos de limitacións e peches”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...