InicioLugo e contornaLugoAdif suspenderá os trens entre Monforte e Lugo os días 24 e...

Adif suspenderá os trens entre Monforte e Lugo os días 24 e 25

O tráfico ferroviario tamén se verá interrompido o 23 e 24 de outubro debido a obras da liña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O tráfico ferroviario de viaxeiros entre Monforte de Lemos e Lugo verase interrompido os días 25 e 26 de setembro, e 23 e 24 de outubro debido ás obras de mellora emprendidas polo Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) neste corredor.

Nun comunicado, Adif destacou que Renfe estableceu plans alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros dos servizos afectados.

Durante os mencionados días, o ente estatal acometerá durante actuacións en infraestrutura –obras de drenaxe, pasos superiores, noiros de trincheiras e túneles– e vía para permitir a electrificación do tramo entre Monforte de Lemos e Lugo Mercadorías, de 75 km de lonxitude.

Adif explicou que as actuacións de mellora do tramo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo teñen como obxectivo “cumprir os compromisos do administrador coa mellora das condicións de explotación comercial do traxecto, en parámetros tales como a fiabilidade, o confort e os tempos de viaxe”.

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que unha residencia de maiores de Lugo leva meses sen médico

O sindicato CIG denunciou este martes que a residencia de maiores de Castro Ribeiras...

Detido en Lugo un home por acosar e tentar bicar a unha muller na estación de autobuses tras varios altercados

A Policía Local de Lugo detivo a un home acusado de tratar de agredir...

Activado o protocolo sanitario nunha escola infantil de Lugo ante dous posibles casos de sarna

A Concellaría de Educación do Concello de Lugo activou o protocolo sanitario tras detectarse...

A Deputación garante o transporte escolar en Cervantes na LU-P-1402 despois dos danos causados pola choiva

A Deputación de Lugo garantirá a circulación do transporte escolar ao seu paso pola...