InicioPolíticaO PP disporá de 700 compromisarios para o congreso no que Candia...

O PP disporá de 700 compromisarios para o congreso no que Candia renovará a presidencia

A líder dos populares de Lugo manifestou que a dirección se atopa "escoitando a alcaldes e portavoces" para recoller as súas "suxestións e achegas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo disporá de 700 compromisarios para o congreso provincial que se celebrará o 19 de setembro e no que a actual presidenta, Elena Candia, renovará o seu liderado á fronte da organización luguesa ao ser a única candidatura liza.

A propia presidenta, no cargo desde marzo de 2016, foi a encargada de confirmar este mércores o dato dos 700 compromisarios que representarán aos “máis de 10.000 afiliados” que, segundo o partido, ten o PP na provincia de Lugo.

A líder do PP de Lugo realizou estas declaracións na Fonsagrada, onde estivo acompañada do deputado nacional Jaime de Olano nun acto no que reivindicaron a conectividade 5G para a montaña da provincia. A tamén deputada na Cámara autonómica aínda non perfilou o equipo que a acompañará neste próximos catro anos á fronte do partido, xa que, de momento, di estar centrada no relatorio que se presentará ao congreso.

Tamén apuntou que a dirección pretende que o conclave popular “sexa un proceso participativo onde se consensúen as liñas estratéxicas de face ao futuro con sectores importantes da provincia”.

“Agora estanse planificando esas reunións coas entidades máis representativas e logo presentarase un documento de consenso. En torno ao 27 de agosto teranse que apuntar os compromisarios, que son os que van participar directamente na votación do día 19 e xa a principios de setembro empezaremos a perfilar e completar o equipo”, sinalou Candia.

A exalcaldesa de Monforte e expresidenta da Deputación de Lugo manifestou que a dirección se atopa “escoitando a alcaldes e portavoces” para recoller as súas “suxestións e achegas” de cara ao congreso que se celebrará no complexo hoteleiro da Fortaleza da capital provincial.

ÚLTIMAS

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...

Declaran extinguido o incendio da Fonsagrada tras queimar 65 hectáreas

O incendio do municipio lugués da Fonsagrada quedou extinguido na tarde...

Greenfiber quere mostrar a empresarios de Lugo a achega de Altri á economía local

A sede da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e Cámara de Comercio de...

A muller de Lugo que denunciou á súa ex parella declara que tentaba forzala “todas as noites”

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home de...