InicioPolíticaTomé pide a Feijóo que "explique en que meteu a pata" coa...

Tomé pide a Feijóo que “explique en que meteu a pata” coa esixencia do certificado covid

"Antes de esixir ese tipo de documento", habería que "darlle a oportunidade a todos os galegos e a todas as galegas a que estean vacinados", indica o presidente da Deputación de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, esixiu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que “explique aos galegos en que meteu a pata” ante o “pau en toda regra” que lle deu o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia á esixencia do certificado covid na hostalaría.

“Non é unha medida que baixo o meu criterio, e coincido co alto tribunal, que respecte os dereitos individuais das persoas porque todos aqueles que foron vacinados poden expedir ese certificado e acceder ao interior dun establecemento hostaleiro, pero aquelas persoas que non foron vacinadas córtaselles a súa liberdade porque non contan con ese documento“, sinalou.

Tomei considerou que, “antes de esixir ese tipo de documento”, habería que “darlle a oportunidade a todos os galegos e a todas as galegas a que estean vacinados”. “E partir de aí estarían en igualdade de condicións, sen entrar en temas de protección de datos”, subscribiu. O presidente provincial de Lugo sinalou que “agora mesmo non é posible poñer nas mesmas circunstancias a todas as persoas”, porque aínda que “a maioría quererían estar vacinadas” de momento “non se lle ofreceu a oportunidade”.

É por iso que “non se cumpre o dereito que teñen todos os galegos e galegas a acceder a todos os establecementos aos que queren acceder”. “No canto de dedicarse a gobernar, o señor Feijóo dedícase a criticar ao goberno central. Parece que el non está a gobernar e a culpa sempre é dos demais, pero o que non fai é dar explicacións e creo que agora mesmo ten unha boa oportunidade para explicar aos galegos en que meteu a pata”, insistiu finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo responde ao PP sobre a incorporación dun funcionario de administración local

  A Deputación Provincial de Lugo, ante as declaracións realizadas polo Grupo Provincial do Partido...

Concello de Lugo e CHMS colaborarán para recuperar a contorna da rúa Fermín Rivera

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS),...

A Deputación de Lugo pide á Xunta reformular o anteproxecto de lei de administración local

O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes unha proposta de Goberno en...

O PP acusa a BNG e PSOE de “deixar oco” na Deputación para que entrase o fillo do alcalde de Lugo

Os voceiros do Grupo Municipal, Elena Candia, e do Grupo Provincial do PP, Antonio...