InicioLugo e contornaLugoUXT denuncia a situación da Atención Primaria en Lugo: máis de 300...

UXT denuncia a situación da Atención Primaria en Lugo: máis de 300 horas ao mes ou 70 consultas diarias

O PSOE acusa a Feijóo de ser un "escapista" e lémbralle que a sanidade é competencia autonómica

PUBLICADA O

- Advertisement -

Médicos con xornadas de máis de 300 horas ao mes, máis de 70 consultas nun día ou que non se substitúa ao persoal, son algunhas das deficiencias que denunciou este luns o secretario da Federación de Servizos da UXT en Lugo, Elíseo Rivas, quen avisa de que este servizo está “a piques de petar” na provincia luguesa.

Rivas apelou a que “son denuncias de profesionais de toda a provincia, onde proban que hai facultativos que realizan máis de 300 horas ao mes de traballo, con máis de setenta citas ao día ou centros como o de San Roque, na cidade de Lugo, que con tres enfermeiras, dous médicos de vacacións e outro de baixa, persoal que tampouco se chega a substituír”. “Isto denota uns fallos estruturais e falta de vontade política porque non basta con reunir ao comité clínico senón existe auténtica vontade política”, afeou.

Rivas puntualizou que “aquí o que se trata é evitar que as listas de substitucións e de contratación estean faltas de persoal, co que hai que aumentar as prazas convocadas nos distintos procesos selectivos e tamén ofertar mellores situacións laborais e económicas, para que os profesionais non se vexan obrigados a emigrar”.

“A Atención Primaria está a piques de petar e non só pola sobrecarga do persoal facultativo, senón pola sobrecarga de todo o persoal”, avisou finalmente o sindicalista de UXT.

“ESCAPISTA”

Por parte do PSOE, o parlamentario por Lugo, Luís Álvarez, e en relación aos problemas en Atención Primaria, acusou ao presidente da Xunta de ser un “escapista”. “Feijoo é o Houdini da política non xa autonómica, senón tamén estatal. Levamos asistindo desde que se iniciou a pandemia a unha dialéctica por parte de Feijoo e o seu goberno na que calquera cousa que funciona mal é culpa dalgún axente externo, case sempre do Goberno central, e cando as cousas van ben é mérito absoluto da Xunta”, lamentou.

Álvarez insistiuse en que “a sanidade é competencia autonómica e se a sanidade é competencia autonómica e os éxitos da sanidade pública de Galicia son os do goberno da Xunta, os erros, as deficiencias ou os malos funcionamentos desas políticas de sanidade é claramente responsabilidade da “Xunta”.

“Por moito que se empeñe Feijoo e o PP que as cousas non están tan mal, calquera que teña que acudir a un centro de saúde ou para obter cita para Atención Primaria pode comprobar que a situación é de absoluto colapso e o único responsable é o goberno de Feijoo tanto do que pasa en Lugo como no conxunto de Galicia”, concluíu o parlamentario socialista.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...