InicioLugo e contornaA xustiza obriga a un supermercado a trasladar unha traballadora de Lugo...

A xustiza obriga a un supermercado a trasladar unha traballadora de Lugo a Vilalba para poder conciliar

A muller demandara o traslado para poder coidar dos seus fillos. Agora, o TSXG vén de darlle a razón.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) recoñeceu o dereito dunha traballadora con dous fillos menores de doce anos a que a súa empresa a cambie de sede xeográfica para conciliar a súa vida familiar. Contra o fallo cabe presentar recurso ante o Tribunal Supremo.

Na sentenza, con data do 25 de maio e da que informou este sábado o alto tribunal galego, os maxistrados admiten o dereito dunha empregada dun supermercado da cadea Mercadona, situado na rúa Rafael Dieste de Lugo, a adaptar xeograficamente o seu contrato e, por tanto, ao traslado ás instalacións que a compañía ten en Vilalba, o seu lugar de residencia, para que poida conciliar a súa vida familiar.

Segundo consta na sentenza, a muller solicitara previamente unha redución de xornada para poder atender aos seus fillos, así como o traslado a Vilalba. Ademais, o fallo sinala que, con posterioridade ás peticións desta traballadora, a empresa converteu en fixos a dous empregados do centro do municipio ao que a muller pedía ser trasladada.

No documento, os maxistrados destacan que os dereitos de conciliación son “dereitos fundamentais, dada a súa vinculación coa prohibición de discriminación sexista e co dereito á intimidade familiar”. “Ao non concretar a empresa como afectaría á súa organización acceder á pretensión solicitada pola empregada, máis aló desa oposición xenérica, habemos de concluír que a negativa empresarial a estimar a súa petición é inxustificada, inoperativa e, polo tanto, vulnera o seu dereito á conciliación”, subliñan.

ADAPTACIÓN XEOGRÁFICA

Deste xeito, na resolución, o alto tribunal galego considera a “adaptación xeográfica” como manifestación da conciliación familiar e conclúe que o artigo 34.8 do Estatuto do Traballador “ampara un cambio de centro” por razóns de “conciliación familiar”.

Con todo, subliña que a persoa traballadora debe “acreditar que a adaptación é necesaria para facer efectiva a conciliación” e que as peticións solicitadas sexan “razoables e proporcionais” en relación “ás súas necesidades e as necesidades organizativas ou produtivas da empresa”.

POSTURA DA EMPRESA

Pola súa banda, a empresa explicou que “sempre ten en conta os dereitos de conciliación da vida persoal e familiar” de todos e todas as traballadoras. Así mesmo, sinala que, por “política de empresa”, todas as persoas traballadoras se contratan no domicilio da súa residencia e, despois, “se deciden cambiar o seu domicilio, a empresa non pode prexudicar a conciliación doutros traballadores para dar satisfacción a un interese individual”.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...