InicioLugo e contornaA Deputación recibe como un "xerro de auga fría" que se pospoña...

A Deputación recibe como un “xerro de auga fría” que se pospoña a candidatura da Ribeira Sacra

José Tomé espera que cando se reactive a candidatura se conte coa Deputación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tome, manifestou este venres que sentou como “un xerro de auga fría” que non se inclúa este ano A Ribeira Sacra na candidatura para Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Tomé lembrou que “esta casa (pola Deputación de Lugo) foi a que iniciou o proceso xa hai anos, cando un autobús percorreu a provincia recollendo firmas, e por tanto para a deputación foi unha mala noticia“.

“Tamén somos conscientes que dada a situación dos informes que fixera o Incomos era altamente difícil que saíse aprobada esta declaración de Patrimonio da Humanidade nestes momentos”, sinalou.

O presidente provincial de Lugo puntualizou que “a retirada da candidatura, acordada entre o Ministerio (de Cultura) e a Xunta paréceme o mellor para deixar abertas as posibilidades de face ao futuro”.

Tomé aproveitou para avanzar que “posiblemente cando se volva a impulsar a candidatura haberá que estar máis pendentes de como se tramitou e elaborou este expediente, e reformulalo doutra maneira, estar moi enriba das persoas que fan os informes para darlles todo tipo de explicacións e que desde o descoñecemento, ás veces, fagan informes que poidan dificultar o obxectivo”.

“Por unha banda, estivo ben esa retirada para deixar aberta esa posibilidade para o futuro, pero polo outro lado tamén haberá que ver aquelas cuestións que se poidan mellorar na elaboración dese expediente que se remitiu por parte da Xunta ao Ministerio para logo presentalo á Unesco”, resumiu.

Con todo, Tomé resaltou que “A Ribeira Sacra é Patrimonio da Humanidade, con nomeamento ou sen nomeamento xa o é”. “Aquí ninguén veu facernos esa paisaxe que temos, unha paisaxe natural que o conservaron os viticultores ao longo de centos de anos e por tanto o que lle falta é o carné, patrimonio xa o é e nós imos seguir coidándoa, poñéndoa en valor desde a Deputación. Esperemos tamén que cando se reactive esta candidatura se conte coa Deputación de Lugo, para si hai algún problema contribuír a desatascalo”, concluíu.

ÚLTIMAS

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos depois

Amancio Prada volve a Lugo 16 anos despois do seu último concerto nesta cidade....

Piden a absolución dun mozo de Vilalba acusado de violar á súa ex parella menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acolleu este martes a celebración do...

Unha certificación turística permitirá protexer o ceo nocturno dos Ancares

O deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu este luns na Casa do Concello...

O TS confirma que Ana Sandamil matou a súa filla para danar a súa ex parella e pai da nena

O Tribunal Supremo (TS) confirmou a condena de prisión permanente revisable a Ana Sandamil polo asasinato,...