InicioLugo e contornaLugo sobe en hospitalizados e casos activos mentres a Comunidade segue en...

Lugo sobe en hospitalizados e casos activos mentres a Comunidade segue en descenso

Suma 268 casos activos tras rexistrar máis contaxios novos que a área de Pontevedra.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia chega ao ecuador desta semana cos novos contaxios de Covid-19 por baixo do centenar por terceira xornada consecutiva, tras rexistrar outros 82, mentres que os casos activos seguen en descenso por undécimo día seguido e sitúanse en 2.206. Por contra, os pacientes ingresados ascenden lixeiramente a 111, dous máis.

Segundo os datos actualizados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas deste martes, recollidos por Europa Press, descenden a 21 as persoas ingresadas en UCI en Galicia, catro menos, mentres que aumentan a 90 as que permanecen noutras unidades, seis máis.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe lixeiramente na de Lugo, onde queda un paciente crítico –o pasado martes eran dous– pero aumentan a 11 os hospitalizados noutras unidades –dous máis–. A nivel de casos activos, o conxunto de Galicia amosa un descenso lene de dous casos, que en Lugo se ve contrarrestado cun increemnto de 6 ata as 268 despois de rexistrar 11 novos casos.

Polo seu lado, a taxa de positividade a nivel galego descendeu por baixo do dous por cento a un 1,53%, tras situarse nun 2,27% este martes despois de iniciar a semana cun 2,45%. Deste xeito, continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

+ posts

ÚLTIMAS

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...

Comezan as obras de mellora na estrada que une Lugo con Ponte Ombreiro

A Deputación de Lugo vén de iniciar este venres os traballos de rehabilitación dun...

O encontro Detrás dos Mestre Mateo reivindica Lugo como “centrop de creación cultural”

A deputada de Cultura Iria Castro reivindicou Lugo como “centro de creación cultural” no...

O PSdeG leva ao Pleno da Deputación a defensa da Residencia das Gándaras

O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, que se...