InicioSociedadeO decano do colexio de avogados de Lugo non ve necesaria a...

O decano do colexio de avogados de Lugo non ve necesaria a sala do 091 e destaca o bo funcionamento do 112

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez asegura que o traslado non prexudicará ás vítimas de violencia de xénero

PUBLICADA O

- Advertisement -

O decano do colexio de avogados de Lugo, Félix Mondelo, non ve necesaria a sala do 091 que se prevé pechar na comisaría de Lugo, para darlle traslado a Coruña, e pon o exemplo do bo funcionamento do servizo do 112.

Mondelo, que quixo deixar claro que no colexio “non” teñen unha postura fixa “sobre as vantaxes ou inconvenientes que poida ter iso”, remitiuse ao exemplo do 112 “que funciona en toda Galicia”. “Está centralizado e funciona de marabilla e o mesmo pode pasar co 091”, subliña.

Nesta liña, considera que pode mesmo supor “unha mellora para as forzas e corpos de seguridade, para a comisaría, que pode destinar ás persoas que se dedicaban a ese servizo a outros labores que estaban máis abandonadas de persoal”. “Nesta comisará tampouco o persoal abunda moito, mesmo pode parecer un acerto ao meu xuízo persoal, sinxelamente porque non supón unha diminución de postos de traballo, nin tampouco menor operatividade”, valorou.

Félix Mondelo confesou que ao corpo de avogados de Lugo “non” lles afecta o peche desta sala. “Á fin e ao cabo as chamadas ao 091 é igual que facer unha chamada ao 112, onde teñen un servizo inmediato, a atención é a mesma, por conseguinte non hai que alarmarse porque se centralicen determinadas funcións da comisaría”, indica.

Finalmente, o decano do colexio de avogados de Lugo sostivo que o que si preocupa aos letrados é o “paupérrimo” estado das dependencias da comisaría. “Teñen unhas instalacións paupérrimas o que debería de dar lugar a que dunha vez por todas se faga unha nova comisaría en Lugo”, incide.

REUNIÓN COA PLATAFORMA ‘SI, HAI SAÍDA’

Por outra banda, a subdelegada do Goberno na provincia de Lugo, Isabel Rodríguez, reuniuse este luns coa presidenta da plataforma ‘Si, hai saída’, Marta Rodríguez Engroba, para informar de que as vítimas de violencia de xénero non se verán prexudicadas polo trasladado da sala do 091.

A subdelegada explicoulle que esta medida ten como obxectivo a optimización dos recursos que ofrecen as novas tecnoloxías e inscríbese no Plan Estratéxico da Policía Nacional aprobado polo Ministerio do Interior.

En aplicación dese Plan, xa foron suprimidas en 2017 as salas do 091 da comisaría de Monforte de Lemos e de Viveiro, sen que tivesen ningunha repercusión para os veciños das localidades, do mesmo xeito que sucedeu cando pecharon as de Santiago de Compostela e Ferrol.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...

A Deputación destina 750.000 euros a formación dixital para zonas en risco de despoboamento

A Deputación Provincial de Lugo anunciou a posta en marcha do proxecto 'E para...