InicioSociedadeOs hostaleiros, contentos coa rebaixa nas restricións, piden agora atrasar o toque...

Os hostaleiros, contentos coa rebaixa nas restricións, piden agora atrasar o toque de queda

Reclaman que se poida manter a mobilidade ata a medianoite. "Non supoñería nada sanitariamente, pero podería decantar a balanza á hora de que a xente se decida a saír a cear", precisan.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Cheché Real, valorou o alivio nas restricións impostas polas autoridades sanitarias no municipio de lugo, que afecta fundamentalmente a este sector, como un “paso máis” para “traballar con alegría” e “obter uns ingresos como cómpre”.

Real precisou que, en todo caso, o sector segue pendente do levantamento do peche perimetral do municipio, porque a situación dos establecementos hostaleiros é “unha penuria” no municipio de Lugo.

Ademais, afirmou que este colectivo seguirá “insistindo” para que “a partir da próxima semana o toque de queda se estableza a partir da medianoite“, algo que ao seu xuízo “non tería relevancia desde o punto de vista sanitario”, pero podería resultar transcendental para a recuperación do sector. “Esa hora non supoñería nada sanitariamente, pero podería decantar a balanza á hora de que a xente se decida a saír a cear aos nosos establecementos”, precisou.

Real insistiu en que a hostalería está a cumprir de forma escrupulosa as normas sanitarias, polo que o sector espera, se a situación epidemiolóxica segue evolucionando positivamente, que a autoridades sanitarias abran a man “poder traballar” durante as festas do Nadal.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...