InicioSociedadeDetectado un pequeno tremor de terra en Friol

Detectado un pequeno tremor de terra en Friol

Pouco antes tivera lugar outro en Piñor, Ourense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Instituto Xeográfico Nacional detectou na tarde noite do martes dous movementos sísmicos de baixa intensidade que afectaron Friol e Piñor (Ourense) con 20 minutos de diferenza.

O primeiro produciuse a cero quilómetros de profundidade en Piñor minutos antes das 21,00 horas da noite do martes; mentres que o de Friol tiña lugar 20 minutos despois a unha profundidade de dous quilómetros.

Os tremores rexistraron unha magnitude de 2,7 e 2,8, respectivamente. O 112 Galicia sinala que o seu central de emerxencias non recibiu ningunha chamada para alertar da existencia de incidencias relacionadas con estes episodios. De feito, o sismo de Friol apenas se percibiu dende a superficie, segundo asegura o rexedor local, José Ángel Santos.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación non colabora na Vuelta a España feminina e desminte ao PP provincial de Lugo

A Deputación de Lugo enviou un comunicado aos medios en resposta ao PP provincial....

O PP critica que PSOE e BNG escolleran a Tomé para representar á Deputación na presentación da Volta a España feminina

Os deputados do Grupo Provincial Popular critican a decisión que onte tomaron PSOE e...

Suspenden o xuízo contra nove persoas acusadas de estafar 400.000 euros

O xuízo previsto para este martes na Audiencia Provincial de Lugo contra nove persoas...

Escarceran unha persoa tras envorcar o seu vehículo en Pol

Unha persoa tivo que ser excarcerada este martes tras envorcar o vehículo no que...