InicioMovementos sociaisReclaman ante o Concello de Lugo polo "deficiente" servizo da Casa da...

Reclaman ante o Concello de Lugo polo “deficiente” servizo da Casa da Muller

A irmá da muller asasinada en Becerreá no 2016 a mans do seu marido lembrou que a vítima tivera que agardar 22 días para unha consulta porque "unha traballadora estaba de baixa e outra de vacacións".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A irmá de Ana Gómez, asasinada pola súa parella en febreiro de 2016 en Becerreá, anunciou a presentación dunha reclamación ao Concello de Lugo para a “incoación de expediente de responsabilidade patrimonial da administración e queixa por deficiente funcionamento dos servizos” debido ao trato recibido na Casa da Muller.

Así o asegurou nunha rolda de prensa xunto á Plataforma Feminista. Segundo lembraron na comparecencia, o 11 de febreiro de 2016 a vítima acudira pola mañá á Casa da Muller de Lugo. Pola tarde, a parella desta, coñecido como ‘O Chamaco’ e condenado a 23 anos de prisión, disparoulle dous tiros diante dos fillos de Ana Gómez.

“UNHA CORTINA DE FUME”

Agora Martina Gómez denuncia que “a realidade é que a Casa da Muller non é máis que unha cortina de fume empregada polo executivo lucense para silenciar as críticas de ineficacia respecto á violencia de xénero, condenando as vítimas á desidia e desesperación”.

Así, con esta reclamación presentada no rexistro do Concello o pasado 29 de outubro, pide que o Viogen, aprobado en outubro de 2019, se poña en marcha “de forma inmediata e que se dote dos recursos necesarios”..

Á súa vez esixiu que “o asesoramento sexa prestado por persoal especializado e que as futuras vítimas de violencia de xénero teñan garantida unha atención inmediata”. Neste sentido, cre “imprescindible que a Casa da Muller teña de garda permanente un profesional da avogacía e unha psicóloga e que sexan substituídas sen excepción as baixas laborais e as vacacións”.

Ademais, reclama que “as subvencións que percibe a Casa da Muller se revirtan integramente en asegurar os Servizos de Asistencia a Vítimas de violencia no alto risco, sen ser derivadas en ningún caso a organismos externos”.

ATRASO

Martina Gómez lembrou o caso de súa irmá, que tivo que esperar “22 días” para unha consulta sobre unha situación de malos tratos. A xustificación que lle deran foi que “unha traballadora estaba de baixa e outra de vacacións”.

“O que se pretende é que ningunha muller poida quedar desamparada. Non estariamos aquí se no seu día pedisen perdón, pero non o fixeron porque seguiron tapando todos os fallos”, lamentou, entre bágoas, ao lembrar á súa irmá falecida.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...