InicioSociedadeLugo supera as cen mortes dende o inicio da pandemia ao falecer...

Lugo supera as cen mortes dende o inicio da pandemia ao falecer outras dúas persoas

Nas últimas horas finaron unha muller de 89 anos que estaba ingresada no HULA e outra de 91 que permanecía no Hospital da Mariña.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus faleceron nas últimas horas na área sanitaria de Lugo, segundo notificou este martes o Servizo Galego de Saúde (Sergas). Trátase dunha muller de 89 anos que estaba ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e outra de 91 anos, que estaba a ser atendida no Hospital Público da Mariña e que procedía da residencia San Cibrao de Cervo.

A provincia alcanza así a triste cifra de máis de 100 falecidos dende o inicio da pandemia. Concretamente, son 101.

Para o conxunto de Galicia, o Sergas informa de sete vítimas mortais, tres delas no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi). Podes ler máis información no Xornal da Mariña.

ÚLTIMAS

Daveiga: un proxecto de economía social que fomenta o emprendemento dende o rural

Lugar da Veiga S.L.L., fiel ao seu modelo de xestión empresarial responsable, promove dende...

Scania busca persoal para o taller que abrirá no Polígono das Gándaras

Scania chega ao Polígono As Gándaras, lugar no que poñerá en marcha un novo...

Cortes ata o 4 de decembro na calzada esquerda da A-6 sentido Madrid por melloras

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable continúa coa execución das obras de rehabilitación estrutural...

Falece un cazador de 55 anos en Cospeito tras ser picado por velutinas

Un home de 55 anos de idade que responde as iniciais J.I.P. faleceu a...