InicioLugo e contornaCríticas por obrigar a alumnos de Portomarín a ir ás clases en...

Críticas por obrigar a alumnos de Portomarín a ir ás clases en Lugo e entrar ás 15.00 horas e saír ás 21.30 pola Covid

As familias non descartan iniciar mobilizacións porque din que non teñen transporte para ir a Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Pais de alumnos de BAC de Portomarín protestan por non dispor de transporte para os seus fillos que se teñen que trasladar a Lugo, ao IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes, con clases que se impartirán pola tarde noite.

Unha das nais, que se erixiu en portavoz, Lorena Platas Vázquez, puntualizou que “teñen o colexio concertado no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes que co tema da Covid desdobraron as quendas e tócalles pola tarde, coma se fose o nocturno”, afeou.

Así este seis estudantes entrarían “o luns ás seis da tarde e saen ás 9.35 da noite e de martes a venres entran ás tres e saen ás 9.20 da noite”. Por ios, censurou que con estes horarios “non hai ningunha liña de transporte” que poida “levalos e permita tamén recollelos, xa que a primeira liña que vai a Lugo sae de Portomarín ás tres menos cuarto e vén chegando a Lugo ás tres e vinte e cinco e entón perderían 25 minutos de clase ou senón teñen que marchar ás nove da mañá”.

Xa á volta, esta nai constata que o último bus “que vén de Lugo sae ás oito menos cuarto da tarde”. Lorena Platas sinalou que se puxeron en contacto “coa Xunta, co Concello (Portomarín) e a Deputación”, que ela mesma estivo a facer “xestións” e estivo a chamar “a todo o mundo por teléfono e pásanse a pelota uns a outros e non arranxas nada porque o curso comeza o luns 28, e de momento non temos ningunha solución”, sinalou.

Finalmente non descarta emprender mobilizacións, se non se dá solución a este problema do transporte. Pola súa banda, o novo delegado da Xunta a provincia luguesa, Javier Arias, precisou, a través dunha nota de prensa, que “12.946 estudantes da provincia de Lugo comezarán a partir deste mércores, 23 de setembro, e de forma gradual as clases de Educación Secundaria, Bacharelato e ensinos de réxime especial”. En cifras globais son 9.400 de alumnado de ESO e 3.500 de Bacharelato.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...