InicioCulturaA Capela de Santa María acolle a homenaxe ao feminismo de Otero...

A Capela de Santa María acolle a homenaxe ao feminismo de Otero Regal

A exposición comprende 52 pezas do artista mariñán e a colaboración da poesía e a prosa de 32 colaboradores, un traballo conxunto arredor da muller

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este martes comezou a exposición Hai Mulleres na Capela de Santa María de Lugo. A cerna da mostra corresponde ao artista mariñán Alfonso Otero Regal, que reivindica o feminismo cunha serie de esculturas cerámicas. Canda elas aparece poesía e prosa a cargo de 32 colaboradores, para un total de 52 pezas. Poderán visitarse ata o 26 de agosto.

Otero Regal tenta reivindicar con este novo traballo o seu profundo feminismo. “Eu son feminista por encima de todo, fixen este traballo como unha homenaxe a todas as mulleres”, asegura o artista, natural de Foz pero con base en Viveiro. Ademais, agradeceu a colaboración da Deputación pola cesión do espazo, e anunciou que a mostra pasará a ser exposta en Madrid e Barcelona cando remate a estancia na capela lucense.

Durante a presentación de Hai Mulleres, dous artistas que participan na mostra, Isabel Flors Aparicio e Paco Rivas, leron os seus poemas. No acto compareceron tamén a deputada de Cultura, Pilar García Porto, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, a concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre, e a súa homóloga de Viveiro, Lara Fernández, amais do propio Otero Regal.

A deputada provincial dixo da exposición que “é unha homenaxe merecida á muller, a todas as mulleres que foron e serán”. A exhibición consta de 52 pezas que mesturan as letras coa plástica e o material esencial da obra de Otero Regal, a cerámica. O traballo colectivo de poetas, literatos e xornalistas amósase en galego e castelán; a cada un deles pediu o escultor un escrito vencellado e co nome dunha muller, e para cada relato o mariñán aportou un cadro ou unha efixie. 

 

Artistas participantes

32 autores colaboran neste proxecto de fusión e cheo de creatividade que iniciou Alfonso Otero Regal. Son os seguintes: Xoan Neira, Javier Rivera, Jaime Oroza, Renata Otero, J.J., Paco Rivas, Manolo Romero Mancha, Carlos Clementson Cerezo, Santiago Lafuente Flors, Virginia Araya, Susana Obrero, María Luz Escuín, Tirsa Caja, Carlos Boves, Pedro García Cueto, José Luis Morales, Matías Muñoz Borja, Juan Pedro Carrasco García, Graciela Pelegrín, Ezequías Blanco, Isabel Flors Aparicio, Elsa López, Luis Alberto de Cuenca, Javier Lostalé, Cristobal López de la Manzanara, Pepe Viyuela Castillo, Pablo Mosquera, X. Lombardero, Vicente Míguez, Manuel Cortijo Rodríguez e Alicia Muñiz.

Alfonso Otero Regal naceu na vila de Foz, concretamente en Nois, en 1952. Estudou pintura con Puchades en Mondoñedo, na Escola Massana de Barcelona, e no Seminario de Estudos Cerámicos en Sargadelos. Tamén realizou un curso con Cumellas na cidade condal. Traballou no seu propio taller de cerámica utilitaria, na Regal Cerámica de Viveiro, onde segue na actualidade.

Este Premio Nacional de Promoción da Artesanía (2011) foi profesor de Cerámica en obradoiros, e profesor e promotor dun centro de formación para mozas. Tamén realizou murais cerámicos para numerosos estamentos públicos e privados, e ten obras en museos, fundacións e coleccións privadas de España, Europa, Estados Unidos e Xapón.

ÚLTIMAS

Ferida unha muller por arma branca nunha liorta entre catro persoas

Unha muller resultou ferida ao ser alcanzada por unha arma branca durante unha liorta...

Accidente de tráfico en Chantada: bombeiros liberan ao condutor atrapado

Os bombeiros liberaron empregando material de excarceración ao condutor dun vehículo que sufriu un...

Ángeles Vázquez ve igual de importante o expediente de Altri como o de ampliar unha granxa

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, asegura que é "igual de importante" para...

Alfonso Rueda e Ana Pontón coinciden no San Froilán

O presidente da Xunta e líder do PPdeG, Alfonso Rueda, e a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...