InicioLugo e contornaA Brilat realiza labores de desinfección en Rábade e Monforte

A Brilat realiza labores de desinfección en Rábade e Monforte

O Exército de Terra, a través do seu Mando Compoñente Terrestre, dentro da 'Operación Balmis' no marco da crise sanitaria da COVID-19, despregará este venres, día 1 de maio, unidades da Brilat para realizar labores de desinfección en varias residencias e centros asistenciais das provincias de Lugo e Ourense.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Exército de Terra, a través do seu Mando Compoñente Terrestre, dentro da ‘Operación Balmis’ no marco da crise sanitaria da COVID-19, despregará este venres, día 1 de maio, unidades da Brilat para realizar labores de desinfección en varias residencias e centros asistenciais das provincias de Lugo e Ourense.

Segundo explicou a Brilat, os equipos de descontaminación NBQ (Nuclear, Bacteriolóxico, Químico) van realizar labores de desinfección no Centro de Menores Santo Anxo de Rábade (Lugo) e na residencia de maiores Domus V de Monforte (Lugo).

Ademais, na cidade de Ourense realizarán este tipo de accións nas residencias Divino Maestro, Galisenior e Nuestra Señora de la Esperanza. Tamén desinfectarán a residencia de Muiños (Ourense), e a Residencia Nosa Señora dos Anxos de Ribadavia (Ourense).

ÚLTIMAS

O Goberno financia con case un millón de euros a reforma integral do Concello de Vilalba

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, visitou este martes Vilalba para supervisar,...

O PP pedirá a reprobación de Tomé nos plenos da Deputación e dos concellos de Lugo e Monforte

O Partido Popular de Lugo anunciou que nos próximos plenos da Deputación de Lugo,...

Detido en Lugo un home en busca e captura que se escondeu nun armario

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron o pasado domingo a un home que...

Vilalba vive unha Feira do Capón multitudinaria pese ao frío

Máis de mil persoas participaron este domingo en Vilalba nunha nova edición da Feira...