InicioSociedadeLugo conta 605 positivos por coronavirus, nove deles na UCI

Lugo conta 605 positivos por coronavirus, nove deles na UCI

A provincia rexistra un leve repunte de casos activos, con dez máis ca os contabilizados o pasado domingo. Mantense estable o número de persoas ingresadas en planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este luns 20 de abril un total de 605 casos activos por coronavirus, dez máis ca onte. A gran maioría dos novos positivos permanecen en atención domiciliaria, cun total de 564 pacientes deste tipo, aínda que tamén se incrementou o número de doentes ingresados nas Unidades de Coidados Intensivos (+1).

O Hospital Universitario Lucus Augusti ten agora sete persoas na súa UCI, mentres que o Hospital da Mariña continúa con dúas. Pola súa parte, son 32 os pacientes hospitalizados en planta, sen variacións dende onte. Neste sentido, chama a atención o caso do Hospital de Monforte, que a día de hoxe segue con cero ingresados pola COVID-19.

En canto ao histórico de falecementos, a provincia lamenta a morte de 23 persoas por coronavirus. Asemade, a cifra de persoas recuperadas ascende ás 117.

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 6.296 (+91), dos cales 108 permanecen en Uci, 601 están en unidades de hospitalización e 5.587 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.548 altas de pacientes e 455 falecementos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...