Home Lugo e contorna Lugo Critican a situación do Punto de Encontro de Lugo, que pechará 15 días

Critican a situación do Punto de Encontro de Lugo, que pechará 15 días

1
Critican a situación do Punto de Encontro de Lugo, que pechará 15 días
Entrada do Punto de Encontro Familiar de Lugo | Si Hai Saída

O inminente peche por vacacións do Punto de Encontro Familiar de Lugo devolveu a polémica á xestión deste centro. A asociación contra a violencia machista Si, Hai Saída lamenta a falta de alternativas durante o período estival, un risco para quenes precisan empregar este espazo en situacións de conflito, en especial os menores.

Por descanso do persoal, o Punto de Encontro estará inactivo a primeira quincena de agosto. Normalmente, este centro pecha luns e martes todo o día, así como xoves pola tarde. Isto xa supoñía dificultades para a tutela de menores en risco de sufrir violencia doméstica, pero como sinalan dende Si, Hai Saída, a clausura temporal ocasionará “indefensión” para as vítimas da violencia de xénero e os seus fillos.

Segundo sinala a presidenta deste colectivo, Marta Rodríguez Engroba, esta situación é “un capítulo máis” da xestión do Punto de Encontro (Travesía de San Marcos – Canella da Deputación), da que se encarga a Asociación Dignidade de Lugo. Rodríguez subliñou que os responsables están subvencionados pola Xunta de Galicia e censurou a falta de alternativas mentres o persoal desfruta das vacacións.

“Isto é unha mostra máis da desprotección” e das “deficiencias” polas que “non se evidencia preocupación algunha”. O uso do Punto de Encontro, lembra Rodríguez, depende de resolucións xudiciais e está especialmente orientado aos menores en situación de risco; polo que o seu peche expón a perigos a quen por necesidade acode ao centro.

Por outra banda, lamenta que se fixeran “oídos xordos” fronte as críticas, o que impediu ata o de agora paliar as deficiencias sinaladas polos colectivos especializados en violencia de xénero.

+ posts

1 COMENTARIO

  1. […] Logo de saberse do inminente peche por vacacións do Punto de Encontro Familiar de Lugo, a asociación contra as agresións machistas Si, Hai Saída denunciou que a falta de alternativas supoñía un risco para quenes están en necesidade de acudir ao centro. Sinalados polas críticas, os ata o de agora xestores replican que a medida corresponde aos novos adxudicatarios, pois durante os últimos anos sempre foron cubertos os períodos vacacionais con máis persoal. […]

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here