InicioSociedadeA Deputación de Lugo destinará 21,3 millóns aos concellos dentro do Plan...

A Deputación de Lugo destinará 21,3 millóns aos concellos dentro do Plan Único

A xunta de goberno tamén aprobou retomar as obras da cuberta do Pazo de San Marcos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, a nacionalista Maite Ferreiro, anunciou que o próximo 20 de marzo celebrarase un pleno extraordinario para aprobar o Plan Único de 2020, “co que se distribuirán entre os concellos da provincia 21,3 millóns de euros”.

Ferreiro precisou que esta cuestión se leva a pleno extraordinario “porque hai especial interese en que se aprobe canto antes”, co obxectivo de que “todos os concellos tivesen o máis rápido posible coñecemento sobre que orzamento van ter para facer a súa programación” de investimentos ao longo do ano.

“Neste Plan Único, a finalidade segue sendo que todos os concellos poidan contar con esas axudas, independentemente da cor política. Os fondos distribúense tendo en conta poboación, superficie, extensión territorial e taxa de envellecemento. Son criterios obxectivos que garanten unha repartición equitativa”, concretou.

Pola súa banda, a portavoz socialista do goberno provincial, Pilar García Porto, destacou que dito plan se “incrementa en 600.000 euros con respecto ao ano pasado”.

Entre outros asuntos aprobados en Xunta de Goberno, retómanse as obras da cuberta do Pazo Provincial de San Marcos (sede da deputación), despois de que se suspendesen no principio do ano polo mal tempo. Destínase para tal fin máis de 340.000 euros e un prazo de execución de catro meses.

MEDIDAS ANTE O CORONAVIRUS

Tamén se referiron, tras a xunta de goberno, a todas as medidas que se adoptaron con respecto á crise sanitaria, co que se acordou o peche de todas as instalacións provinciais, entre outras o Pazo Universitario, a Escola de Piragüismo, o complexo de Santa María e a rede museística”.

Igualmente, Pilar García Porto, puxo de manifesto que se “restrinxe” o acceso a todas as residencias para maiores que dependen do goberno provincial.

ÚLTIMAS

Mochilas sensorias neurodiverxentes nos Museos de Lugo

Os museos provinciais --Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar de San Cibrao, Museo...

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...