Home Economía Os hostaleiros de Lugo piden “pospoñer os pagos á Seguridade Social” pola “crise” do coronavirus

Os hostaleiros de Lugo piden “pospoñer os pagos á Seguridade Social” pola “crise” do coronavirus

0
Os hostaleiros de Lugo piden “pospoñer os pagos á Seguridade Social” pola “crise” do coronavirus
Cheché Real, presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo | Óscar Bernárdez

O presidente da Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo e membro do comité executivo do sector a nivel nacional, Cheché Real, propuxo que o Goberno “pospoña os pagos á Seguridade Social” pola crise do coronovirus.

Así, tamén reclama “medidas laborais para protexer o emprego e medidas administrativas, que pasarían por implementar instrumentos financeiros para garantir os empregos das empresas. “Solicítase ao Goberno que detalle a operativa que se debe de levar a cabo, actuacións contra a crise, como activar medidas á reactivación da demanda cando finalice esta crise”, debullou.

OS EFECTOS XA SE NOTAN NO SECTOR

Real asegurou que no sector da hostalería e hospedería en Lugo “xa se empeza” a notar a crise, “porque xa hai cancelacións tanto en restaurantes como en aloxamentos”. “Isto causa sorpresa e problemas económicos e, cada vez van ser máis, ata que chegue ao pico e se estabilice para empezar a baixar”, presaxiou.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here