InicioLugo e contornaLugoDetido un home por unha agresión sexual a unha muller en Lugo

Detido un home por unha agresión sexual a unha muller en Lugo

Os axentes céntranse en pescudar se se trata dunha agresión consumada ou en grao de tentativa.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo a un home maior de idade por un delito de agresión sexual contra unha muller, tamén maior de idade, na cidade de Lugo a pasada noite de venres.

O home foi detido a mañá do sábado, despois de que atacase a muller e a agredise sexualmente. Agora mesmo, o caso atópase en proceso de investigación e os axentes céntranse en pescudar se se trata dunha agresión consumada ou en grao de tentativa.

Dos feitos informaron fontes da Policía Nacional, á vez que comunicaron que o home se atopa nos calabozos e, probablemente, pasará a disposición xudicial ao longo do luns.

A muller agredida tivo que ser traslada ao Hospital Lucus Augusti (HULA), onde os sanitarios a atenderon e trataron de tranquilizala. Alí tamén foi asistida por médicos forenses para realizarlle diversas probas, necesarias cando se trata dun caso como leste.

O suceso tivo lugar no barrio da Fervedoira, nunha vivenda á que acudiron tanto a Policía como os servizos de emerxencias para intervir, deter o home e asistir a muller.

O presunto agresor está pendente de seguir os trámites de declaración mentres espera a pasar a disposición xudicial nos calabozos da comisaría da Policía Nacional de Lugo.

ÚLTIMAS

O nacionalista Efrén Castro asumirá este martes a Presidencia da Deputación de Lugo ata o 14 de xaneiro

O Pazo de San Marcos acollerá este martes o último Pleno do ano, no...

Lugo anuncia a nova licitación do bus urbano e a creación dun Consorcio do Centro Histórico

O Concello de Lugo celebrou este luns o pleno sobre o estado da cidade,...

Arquivada a causa contra o loteiro de Lugo investigado por simular un atraco de 400.000 euros

O Xulgado de Instrución Número 2 de Lugo decretou o sobresemento e arquivo provisional...

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...