InicioSociedadeStop Desafiuzamentos traballa cuns vinte casos en Lugo, a maioría por falta...

Stop Desafiuzamentos traballa cuns vinte casos en Lugo, a maioría por falta de pagamento de aluguer

A plataforma lamenta as dificultades para atopar fogar para as persoas precarizadas. Os prezos "caros", arredor dos "400 ou 450 euros", non casan ben cos "436 euros ao mes" que perciben moitas das afectadas. Pídenlle ao Concello que actúe sobre as vivendas baleiras.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A plataforma Stop Desafiuzamentos Lugo informou de que actualmente están a traballar cunha vintena de casos na provincia, dos cales seis deles son graves. Na súa maioría, as situacións teñen que ver coa falta de pagamento de alugueres.

Así o confirmou a voceira de Stop Desafiuzametnos Lugo, Mina Galván, quen deu algún detalle sobre cada un dos casos. Respecto das situacións que revisten maior gravidade, concretou que unha delas se refire a unha persoa que “foi ingresada en psiquiatría do HULA” e, aínda que “non é que deba moito diñeiro”, o propietario emprazouno a abandonar a vivenda baixo a desculpa de que posúe un can.

Outro dos casos máis “dramáticos”, apuntou, é o dunha muller. “Unha familia monoparental con dous fillos. Ela é estranxeira, fálalle o cartón verde e non atopa traballo. Agora parece que ninguén quere contratar en A, senón en B”, lamentou.

ALUGUERES “CAROS”

Esta activista incidiu en que os principais problemas están relacionados cos alugueres. “En hipotecas estamos tranquilos ata maio, despois da moratoria do Goberno”, explicou. “A partir de maio imos ter moitos casos”.

O máis complicado de atopar vivenda, segundo sostivo, é que están a tratar con persoas “precarizadas” que dificilmente poden facer fronte aos “dous ou tres meses de fianza, ademais de nóminas ou avais” que se piden nos alugueres.

Ademais, Mina Galván volveu a chamar a atención sobre o “caros” que se puxeron os alugueres en Lugo, “ao redor dos 400 ou 450 euros”, cando moitas destas persoas perciben tan só “436 euros ao mes”, matizou.

Dos vinte casos sobre os que traballan, destacou que algúns “se van solucionando polas axudas das familias, pero noutros é moi difícil porque hai tanta precariedade que quedan fóra de casa”. “Non atopamos vivendas alcanzables para alugar”, engadiu.

Finalmente, fixo unha chamada de atención ao Concello de Lugo. Aínda que “diga que non ten competencias”, Galván lembrou que “hai outros concellos” que actúan sobre as vivendas que están baleiras.


A realidade dos desafiuzamentos en Lugo, unha das cidades con máis vivenda baleira

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...