InicioLugo e contornaA Deputación de Lugo amplía o seu servizo de teleasistencia ata os...

A Deputación de Lugo amplía o seu servizo de teleasistencia ata os 1.700 usuarios

O servizo incluirá varias novidades.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O servizo de teleasistencia domiciliaria que ofrece a Deputación de Lugo amplíase dos 1.500 aos 1.700 usuarios, segundo os datos ofrecidos este venres polo deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, tras a xunta de goberno provincial.

Rivera anunciou a adxudicación, por catro anos, deste servizo “que asume directamente e en exclusiva a Deputación, por un importe total de máis de 290.000 euros anuais“.

O deputado socialista destacou que coa teleasistencia se permite “estar preto desas persoas dependentes, e ante esa praga de despoboamento que se produce no rural, permite a esas persoas estar monitoradas, estar controladas e darlles un plus de seguridade á hora de poder seguir facendo a súa vida no rural“.

“Este seguimento increméntase un vinte por cento respecto ao anterior contrato, pasando duns 1500 beneficiarios a máis de 1700 usuarios en toda a provincia”, pormenorizou.

Co servizo incorpóranse “unha serie de novidades, desde o punto de vista tecnolóxico”, indicou, e así se incluirá un “sistema de teleasistencia avanzada” que contemplará “dispositivos periféricos, como detectores de caídas, detectores de gases, de fumes, de movemento desas persoas”, puntualizou o deputado de Promoción Económica e Social.

Pablo Rivera avanzou que tamén “se desenvolverá un proxecto piloto, que é un servizo de teleasistencia móbil para que o propio usuario e as súas familias, a través do seu dispositivo móbil e cun sistema de xeolocalización, teñan totalmente monitorado as persoas as 24 horas do día, os 365 días do ano”.

“Como parte dese proxecto piloto vanse introducir, ademais, dispositivos para aquelas persoas que teñan dificultades de comunicación verbal ou auditiva”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...