InicioSociedadeUn axente declara que o presunto parricida de Monterroso confesou ter matado...

Un axente declara que o presunto parricida de Monterroso confesou ter matado a golpes a seu pai

Continúa o xuízo do crime de Esporiz (Monterroso), no que un home está acusado de matar o seu pai enfermo a golpes. A defensa alega morte accidental. "Estaba bastante bebido" e "non pode lembrar se lle deu unha patada".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un axente da Garda Civil declarou no xuízo que o acusado do parricidio ocorrido en Monterroso confesou que matara ao seu pai “a golpes”.

Este xoves retomouse na Audiencia Provincial de Lugo o xuízo con xurado contra o presunto parricida de Monterroso. A Fiscalía pide para el 20 anos de prisión e 21 de afastamento do seu fillo, que presenciara o sucedido con tan só catro anos.

Na xornada deste xoves, prestaron declaración varias testemuñas, entre eles un axente da Garda Civil que acudiu á vivenda de Esporiz o día dos feitos. Segundo asegurou, cando chegou á casa atopou o procesado sentado nun sofá, dende onde espetou aos axentes: “Matei o meu pai a golpes”.

Tamén manifestou que descubriran o pai do acusado “tombado e con feridas múltiples” e con “hematomas na cara”, recollidas no informe fotográfico realizado polos axentes na madrugada do 19 de marzo de 2018.

A DEFENSA ALEGA MORTE ACCIDENTAL

O avogado do presunto parricida, César Lodos, asegurou que despois de dous días de vista oral “está a demostrarse a inocencia de P.L.L.”. Insistiu nun “desgraciado accidente” que supostamente sufriu a vítima esa noite “ao caer”.

“Quedou demostrado que caía habitualmente, que tiña lesións antigas de caídas. As persoas máis achegadas a eles confírmano. E tamén o van confirmar hoxe os forenses”, subliñou.

Así, Lodos insistiu nainocencia” do seu cliente, polo que instará á “libre absolución”, aínda que apuntou que, “no peor dos casos”, se se considera probado que P.L.L lle propinara unha patada á vítima, debería ser xulgado por unhas “lesións por imprudencia”, no canto de homicidio. “Entendo que non se pode causar a morte por unha simple patada”, engadiu. “Naquel momento estaba bastante bebido” e “non pode lembrar se lle deu unha patada”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...