InicioCulturaA mostra do traxe aldeán atraeu polo de agora a 2.500 persoas

A mostra do traxe aldeán atraeu polo de agora a 2.500 persoas

A colección de pezas recollidas por toda a provincia estará aberta ao público ata o 1 de xullo e finalizará as visitas guiadas este martes 26 de xuño

PUBLICADA O

- Advertisement -

A mostra sobre o traxe aldeán das terras de Lugo levou polo de agora a algo máis de 2.500 persoas á Capela de Santa María da capital lucense. A primeira iniciativa desta clase reúne 25 pezas de garda escollidas polo colectivo Traxandaina, en colaboración coa Deputación. Esta exposición leva o selo do Ano Europeo do Patrimonio e estará aberta ata o primeiro de xullo.

O dato de asistencia foi difundido pola deputada de Cultura, Pilar García Porto. A responsable provincial agradeceu a implicación de Traxandaina no conxunto de actividades vencelladas á cultura tradicional, e en especial a esta mostra que recolle o máis salientable do traxe de garda de Baleira, A Fonsagrada, Castroverde, O Corgo, Sarria, Portomarín, Guntín ou Muras. “Contribuímos a dar coñecer a nosa cultura mediante as nosas vestimentas, afondamos nas nosas tradicións, e axudamos a difundir o traballo recompilado polos artesáns da provincia”, apuntou a deputada.

Os interesados en percorrer a exposición poden facelo mediante a visita guiada a cargo dos artesáns de Traxandaina, o martes 26 de xuño ás 18.00 horas. Para inscribirse de balde cómpre encher un formulario dispoñible no sitio web da Deputación. A colección estará aberta para o público en xeral ata o día 1 de xullo.

Dentro da colección de 25 traxes, tamen se pode ver mandís de mostra, aos que se lles adica un apartado especial, as mantelas ou lensas que cobren a saia; os refaixos bordardos a man, camisas de liño de corte rectos para aproveitar os anchos do tear e mantillos de gala, mandís de traballo, panos de peito de cabeza, toucas de pelo de cabra e mantóns de lá feitos no Val de San Lourenzo coas mesmas técnicas que as mantas maragatas.

Xunto a esta exposición o goberno da Deputación promoveu outras iniciativas paralelas no CENTRAD. O centro de artesanía e deseño acolleu unha xornada sobre o traxe tradicional galego no que interviron investigadores e expertos, así como un obradoiro de confección de saias. 

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...