InicioPolíticaO PP presentará recurso contra a entrada da Deputación no accionariado de...

O PP presentará recurso contra a entrada da Deputación no accionariado de Tragsa

Os populares esixen que Tomé explique por que tomou esta decisión "por decreto", no canto de ser sometida a votación plenaria. Cren, ademais, que esta medida "supón un encarecemento notable" do servizo de coidado das zonas verdes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular anunciou que presentará recurso contra o decreto do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, mediante o cal a institución adquiriu unha acción do capital social de Tragsa.

En rolda de prensa, os deputados José Antonio García e Javier Castiñeira afirmaron que esa resolución supón “unha modificación no réxime de prestación do servizo de mantemento das zonas verdes da Deputación”, de modo que esa decisión “non lle corresponde tomala ao presidente, senón que é unha competencia plenaria”.

Con trámite referido, a empresa Tragsa pasou a ser “medio propio” da Deputación, polo que a xunta de goberno encargoulle o mantemento e conservación das zonas verdes de titularidade provincial.

García e Castiñeira esixíronlle a Tomé que explique “que hai detrás desa decisión”, porque “non favorece en absoluto os intereses dos lucenses, dado que non se aforra nada co encargo a Tragsa”. De feito, din estar convencidos de que “supón un encarecemento notable con respecto ao custo tiña este servizo a cargo de Suplusa”.

Nese sentido, pídenlle a José Tomé que achegue “datos do custo mensual do servizo de mantemento das zonas verdes provinciais”, así como que explique “por que recorreu á vía do decreto”. Ademais, subliñan que, aínda que os vinte traballadores de Suplusa “foron transferidos a Tragsa”, no encargo á empresa “non figuraba a cesión gratuíta da maquinaria da que dispoñía” esta sociedade.

+ posts

ÚLTIMAS

O musical infantil ‘La Sirenita’ chega a Lugo

Lugo acolle esta fin de semana un espectáculo que fará gozar ao público familiar....

Falece un home nun accidente de coche en Láncara

Un home faleceu ao envorcar o vehículo que conducía pola LU-621, á altura do...

O PP de Lugo denuncia que o PSOE ten “unha estratexia de ocultación” de casos de violencia e acoso sexual

O portavoz provincial do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou este mércores o que...

O goberno local de Lugo anuncia 6 puntos de recarga para vehículos eléctricos

O concelleiro de Mobilidade, Antonio Ameijide, e a concelleira de dinamización económica e relacións...