InicioMedioambiente e PatrimonioA CHMS investiu máis dun millón de euros en limpeza e restauración...

A CHMS investiu máis dun millón de euros en limpeza e restauración dos ríos de Lugo en 2019

O presidente da Confederación destacou que foi un ano de moito traballo debido ás fortes choivas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e para o Reto Demográfico, investiu 1.104.960 euros en actuacións de conservación do Dominio Público Hidráulico na provincia de Lugo, executadas durante o ano 2019.

Segundo informou a CHMS nun comunicado, a través das actuacións executadas “conseguiuse mellorar o funcionamento natural do río, amortecendo o efecto dos procesos hidrolóxicos e aumentando a súa heteroxeneidade e grao de naturalidade”.

Os traballos realizados enmárcanse en dous contratos que o organismo de conca programou para levar a cabo o acondicionamento, conservación, restauración hidrolóxico-forestal e mellora da conectividade de canles da conca Miño-Sil na provincia de Lugo.

DANOS PRODUCIDOS POLAS FORTES CHOIVAS

“As actuacións de conservación, restauración e rehabilitación do dominio público hidráulico sempre son necesarias e imprescindibles para o bo estado das nosas canles fluviais, aínda que este ano moito máis, pois as intensas choivas provocaron un importante incremento do caudal dos ríos, con chans incapaces de filtrar máis auga, inundacións, debilitación do terreo e arrastres de maleza dentro da sección hidráulica das canles”, destacou o presidente da CHMS, José Antonio Quiroga. Segundo el, as limpezas “intensivas” axudaron a que os efectos se viran minguados.

Ademais, engadiu que “este organismo de conca colabora cos concellos e colectivos veciñais que solicitan e xustifican a necesidade de calquera actuación urxente”. Así e todo, lembrou que o mantemento de todo curso fluvial que discorre por zona urbana é “responsabilidade da administración competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo”, concluíu Quiroga.

+ posts

ÚLTIMAS

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Dous homes sentan no banco da Audiencia Provincial por unha pelexa con pa e aixada que acabou coa perda dun ollo na Fonsagrada

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 21 de abril,...

O poemario “Agora, eu cariota” preséntase no Club de Lectura de Lugo

A presentación do poemario "Agora, eu cariota" no Vello Cárcere de Lugo contará coa...

Rueda “define” o xornalismo de proximidade como “preguntar, escoitar e contrastar” na entrega dos Puro Cora

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou este xoves na entrega do XXXIII Premio...