InicioSucesosO paso de 'Elsa' por Lugo: choivas copiosas e 26 incidencias rexistradas

O paso de ‘Elsa’ por Lugo: choivas copiosas e 26 incidencias rexistradas

O caudal do río Miño ao seu paso por Lugo está máis baixo que hai unha semana.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A borrasca Elsa deixou nas últimas horas precipitacións moi copiosas na provincia de Lugo e tamén ventos fortes, pero o número de incidencias contabilizadas na provincia quedou en 26, moi por baixo das chamadas a emerxencias noutras provincias galegas.

Na propia cidade, fontes de Protección Civil informaron a Cope Lugo de que non houbo que lamentar incidencias de gravidade, máis aló de que o vento envorcase algúns colectores no centro urbano durante a noite ou de que as fortes precipitacións fixesen desbordar a rede de pluviais en momentos concretos.

O río Miño segue desbordado ao seu paso pola cidade e alaga parte das instalacións do Club Fluvial, pero o seu caudal está lonxe do que alcanzou o pasado día 13, cando o nivel do río subiu en poucas horas case un metro e 20 centímetros.

A pasada madrugada, sobre as dúas, o caudal do río era de 400 metros cúbicos por segundo, cando hai unha semana se achegaba aos 580 metros cúbicos.

VÍAS CORTADAS EN CERVANTES

A Deputación traballa para despexar 5 estradas provinciais nos concellos de Cervantes e Pantón, cortadas polas incidencias do temporal Elsa. As vías en Cervantes están cortadas debido á caída de árbores, no caso de Pantón por desprendementos de terra causados polas intensas choivas e fortes rachas de vento.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...