InicioSucesosEstas son as primeiras consecuencias do temporal: coches caídos en ríos e...

Estas son as primeiras consecuencias do temporal: coches caídos en ríos e alerta por neve e néboa

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xornada de mal tempo, con neve e choiva forte en varias zonas do territorio galego, condicionan a circulación en Galicia e deixaron algún accidente, así como cortes de vía debido ao desbordamento de ríos.

Segundo o 112 Galicia, en Sarria (Lugo), unha furgoneta caeu ao río sen que se producisen danos persoais. A persoa que circulaba no vehículo puido saír do interior da furgoneta polos seus propios medios e atópase en bo estado.

Ocorreu no lugar da Pena, na estrada que une Rosende e Teibilide, uns minutos antes das 17,40 horas. Un particular deu o aviso ao 112, que alertou, á súa vez, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Sarria, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Ao alagarse a estrada, a vía de circulación quedou pechada ao tráfico de vehículos. Fontes do 112 tamén informaron a Europa Press de que segue cortada a estrada en Baños de Molgas (Ourense), debido ao desbordamento do Río Arnoia.

CIRCULACIÓN CONDICIONADA EN PEDRAFITA E NA A-8

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) informa na súa páxina web de que a meteoroloxía adversa condiciona a circulación na estrada LU-633 desde o quilómetro 0, en Pedrafita do Cebreiro, ata o quilómetro 19 en Hospital, en ambos os sentidos. A zona de Pedrafita está en alerta por neve.

Así mesmo, a autovía A-8 á altura de Mondoñedo (Lugo) está afectada pola néboa e a circulación é irregular desde o quilómetro 536 ata o 552 en ambos os sentidos.

AVISOS POR NEVE E RISCO DE INUNDACIÓN

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior advertiu dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos para Galicia con neve. En concreto, decretouse a alerta laranxa por neve para as zonas de montaña de Lugo e Ourense, por acumulación e neve de ata 20 centímetros en 24 horas. A franxa horaria era desde as 12 horas deste luns ata a madrugada/primeiras horas deste martes 17.

Aviso amarelo por neve trasladouse ás zonas de Lugo (centro e sur) e Pontevedra (interior). A cumulación da que se alerta en 24 horas é de 4 centímetros en cotas superiores aos 500-700 metros, estando previsto que finalice tamén o episodio nas primeiras horas deste martes.

ÚLTIMAS

A redacción do proxecto para construír unha residencia na Pastoriza será financiada pola Xunta

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde da Pastoriza,...

Abadín rexistra 62 litros por metro cadrado debido á borrasca Caetano

A borrasca Caetano, que este xoves obrigou a activar diferentes alertas laranxa e amarela...

Un bus urbano causa danos nunha vivenda en Lugo tras saírse da vía e un dos pasaxeiros resulta ferido

Un bus urbano de Lugo sufriu este xoves un accidente de tráfico e causou danos nunha...

Detida unha muller de 20 anos de idade tras tentar introducir marihuana no centro penal de Monterroso

A Garda Civil detivo a unha muller de 20 anos de idade, veciña de Pontevedra, como presunta...