InicioMedioambiente e PatrimonioO Concello de Lugo volve reclamar o Museo da Romanización no cuartel...

O Concello de Lugo volve reclamar o Museo da Romanización no cuartel de San Fernando

A alcaldesa fixo fincapé na necesidade de darlle utilidade ao edificio nese camiño cara a que Lugo conte con outra declaración da Humanidade: todo o centro histórico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo organizou unha xornada de portas abertas no cuartel de San Fernando, na zona vella da cidade, para que se advirta a deterioración desta infraestrutura que é Ben de Interese Cultural e que no seu día a Xunta de Galicia comprometeu como Museo da Romanización, que o Consistorio reclama que se sitúe aí.

Precisamente esta acción serviu para que a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e outros colectivos como a federación veciñal ou a Confederación de Empresarios, reivindicasen ao Goberno galego que asente aí ese Museo da Romanización.

Ás portas do cuartel, Lara Méndez lanzou unha mensaxe da “súa posta en valor para que isto sexa o Museo da Romanización, e sexa o museo (da romanización) de toda España“.

Ademais, agradeceu aos asistentes a súa presenza e fixo fincapé na necesidade de darlle utilidade ao edificio nese camiño cara a que Lugo conte con outra declaración da Humanidade, todo o centro histórico. Sería a cuarta declaración, tras a muralla, a catedral e o camiño primitivo ao seu paso pola cidade.

A rexedora tratou de reforzar e afianzar o seu discurso, ao sinalar que se trata dunha “reivindicación social”, tras a que está tamén o goberno local da cidade amurallada.

DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Pola súa banda, o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, apuntou que para os empresarios “calquera iniciativa que poida estimular o desenvolvemento económico e social da cidade, e por tanto desta provincia, contar cun museo que sexa referencia a nivel nacional é fundamental“. “E así o apoiamos como organización empresarial”, abundou.

Así mesmo, destacou que isto serve tamén para visibilizar esa aspiración de converter a zona vella de Lugo na “cuarta declaración de Patrimonio da Humanidade”. “Evidentemente con toda a tradición e historia que ten a cidade no ámbito romano e da romanización, co que contar con este museo que pode ser unha referencia a nivel nacional é fundamental”, insistiu. “Cremos que é un tema que pode ser moi relevante para Lugo”, concluíu o secretario xeral da CEL.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...