InicioSociedadeBesteiro pide a anulación do auto que finaliza a instrución do Garañón

Besteiro pide a anulación do auto que finaliza a instrución do Garañón

Ese auto propón xulgalo por sete delitos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A defensa do que fose secretario xeral dos socialistas galegos, presidente da Deputación de Lugo e concelleira de Urbanismo na capital lucense, José Ramón Gómez Besteiro, presentou xa recurso contra o auto ditado pola xuíza Pilar de Lara que pon fin á instrución do chamado caso Garañón e propón xulgalo por sete delitos.

O letrado Cándido Conde Pumpido explicou a EFE que a defensa solicitou “a nulidade do auto” porque o dita a propia xuíza Pilar de Lara, cando existe unha “clara causa de abstención”, como é a sanción que lle impón o Consello Xeral do Poder Xudicial de sete meses e un día de suspensión, que implica a perda de destino en Lugo.

A defensa sostén nese recurso que o auto ten que ser nulo cando é ditado pola xuíza contra aqueles que denunciaron “as súas sucesivas irregularidades” e, por tanto, provocaron esa sanción por parte do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Ademais, nese recurso, a defensa lembra outras circunstancias que tamén serían motivo suficiente para anular as actuacións, como o feito de que, aínda a día de hoxe, non se lle tivera “tomado unha declaración válida” ao propio Gómez Besteiro, dado que a única vez que compareceu ante a xuíza fíxoo sen estar presentes os seus avogados, quen acreditaron que tiñan que estar ese día noutro proceso xudicial.

Por outra banda, tamén lembra que nese auto no que a maxistrada pon fin ao proceso de instrución, impútalle a Gómez Besteiro tres novos delitos aos que non fixo referencia na causa até este preciso momento, o que ao seu xuízo é unha “represalia” polas denuncias que motivaron a súa sanción.

Conde Pumpido explica que, inicialmente, Gómez Besteiro fora imputado por “prevaricación, suborno, contra a ordenación do territorio e tráfico de influencias”, pero nese auto final a xuíza tamén lle atribúe delitos como “branqueo de capitais, falsidade documental e negociacións prohibidas a funcionarios”.

“É unha represalia en toda regra”, dixo o letrado, quen ademais aclarou que varios dos delitos que lle imputa a maxistrada ao seu cliente xa terían “prescrito”.

“Ela agárrase a un suposto suborno”, precisou Conde Pumpido, cando quedou acreditado na causa que a Gómez Besteiro “non lle regalaron” nin a súa casa nin tampouco a reforma que realizou no piso que comprara.

Fíxose, segundo o avogado, “unha investigación económica exhaustiva” e mesmo se achegou a escritura “do piso de arriba”, para demostrar que o expresidente da Deputación o pagara “mesmo máis caro”.

A defensa do exalcalde José López Orozco tamén ten previsto presentar ao longo do día de hoxe o correspondente recurso contra o auto da xuíza De Lara, que tamén propón xulgar ao que fora rexedor local de Lugo. EFE

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...