InicioEconomíaO Concello de Lugo pon ao día as melloras nas vías rurais

O Concello de Lugo pon ao día as melloras nas vías rurais

O goberno local aproba o Plan de Mellora de Camiños 2018, tramita o Plan Único provincial e adxudica as melloras pendentes – En total suman 276.000 euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

O voceiro municipal e concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, informou este mércores na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da aprobación de novas melloras en vías rurais. O Concello de Lugo actualiza así os compromisos do ano pasado e engade dous novos plans para o presente exercicio. En total, as rehabilitacións suman 276.000 euros en investimento. 

  • Plan de Mellora de Camiños Municipais 2018-2019: A xunta de goberno aprobou sacar a contratación por valor de 115.000€ actuacións en Santa Comba (na estrada que vai da LU-546 ao campo de fútbol), Santa María de Bóveda (núcleos de Abeledo e Coeo), Lamas e Calde. Este plan conta con subvención de Agader, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

  • Plan de Mellora de Camiños Municipais 2017-2018 (pendente): o concelleiro de Medio Rural avanzou a adxudicación inmediata das obras de acondicionamento do vial de Ferreirós, en Adai, a Ombreiro, que conta cun orzamento de 58.200€.

  • Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2018: O Concello elabora e tramita no marco deste programa– financiado pola Deputación– a contratación de tres proxectos de melloras viais en Esperante, Camiño do Muíño (Santo André de Castro) e Mazoi por importe de 103.000€.

Este investimento superior aos 276.000 euros contribúe, en palabras do voceiro municipal, a “avanzar na mellora de servizos e infraestruturas das parroquias de Lugo, e polo tanto, na mellora da calidade de vida dos seus veciños e veciñas, un obxectivo central na acción política deste Goberno, que o rural sexa un lugar de oportunidades”.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...