InicioSociedadeProtestas e críticas de pais e alumnos polo estado de varios colexios...

Protestas e críticas de pais e alumnos polo estado de varios colexios da provincia no inicio do curso escolar

Críticas e preocupación entre a comunidade educativa polo estado de centros en zonas como A Fonsagrada, Cervo ou Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un novo curso arrinca na provincia de Lugo. Este ano as estadas e cascallos acumulados foron a foto predominante en parte do territorio e que, a pesar de que non impediron o desenvolvemento da xornada na maioría dos casos, suscitaron as críticas e preocupación en determinados municipios polo estado no que amenceron algúns centros.

De feito, rexistráronse problemas en varios centros con queixas e críticas da comunidade escolar e que levou a varios pais a decidir non enviar aos seus fillos a clase. Así, no CEIP de Cervo, as familias decidiron non acudir á xornada inicial de arranque do curso por falta de seguridade, e concentráronse ante as instalacións do centro, apoiados polo grupo do BNG da localidade, cunha pancarta na que se lía ‘Perigo obras, Xunta Solución’.

A Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade insistiu nas últimas xornadas en lanzar unha mensaxe de tranquilidade ás familias, posto que as actuacións de reforma e mellora nos centros non suporían impedimentos para o desenvolvemento normal da actividade lectiva.

O Goberno galego destacou “a normalidade” xeneralizada no arranque do curso escolar, “sen incidencias” na práctica totalidade dos municipios para preto de 196.900 alumnos de infantil, primaria e educación especial.

PROBLEMAS NA FONSAGRADA

Os alumnos do CEIP San María da Fonsagrada non puideron iniciar as clases no centro, e a Xefatura Territorial decidiu trasladar aos estudantes ao IES Plurilingüe Fontem Albei.

O rexedor local, Carlos López, trasladou a “indignación” das familias polo estado do inmoble e arremeteu contra a Xunta pola súa “improvisación” e por “non escoitar as reivindicacións” dos pais. Tamén se rexistraron problemas no CEIP de Casás, da cidade de Lugo, onde varias familias criticaron que é “totalmente imposible dar clase” ante o estado do inmoble, con aulas “sen terminar”, un baño para todo o colexio e “unha chea de deficiencias que non se deben permitir”, trasladaron a Europa Press fontes das Anpas.

Cambados, Ferrol ou Compostela son outros exemplos de municipios nos que as obras non concluíron, sobre todo en casos como o Raíña Fabiola ou o CEIP Cruceiro de Canido.

PROTESTA EN SAN CAETANO

Nesta mesma xornada, o sindicato CC.OO. Ensino concentrouse ante a sede da Xunta en Santiago de Compostela para esixir diálogo á Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidade e denunciar a “nula relación institucional” co departamento dirixido por Carmen Pomar.

+ posts

ÚLTIMAS

Detido en Lugo un home que deambulaba alterado cun coitelo con restos de sangue

A Policía Nacional de Lugo abriu unha investigación para esclarecer o sucedido tras a...

Xulgan en Lugo un home ao que lle acharon máis de 16 quilos de cocaína e 9,5 de heroína

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo xulgará este martes, 8 de setembro,...

Cortes durante case dúas semanas un tramo da estrada LU-P-2604 entre Xove e Valcarría

A Deputación de Lugo informou de que desde este luns, 7 de setembro, e...

A Deputación aproba case 400.000 euros para O Incio, A Ribeira de Piquín e o seu parque móbil

A Deputación de Lugo aprobou novos investimentos por preto de 400.000 euros destinados a...