InicioLugo e contornaLugoNovas obras no Leiraparking de Lugo que "non se pode asfaltar"

Novas obras no Leiraparking de Lugo que “non se pode asfaltar”

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local de Lugo informou de que hoxe -día 2 de setembro- deron comezo as obras para reparar e acondicionar o aparcadoiro público municipal coñecido como o ”, situado á beira do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), por mor das graves deficiencias que presenta cando aínda non se cumpriu un ano da súa apertura.

De feito, a organización de consumidores Facua Galicia dirixiuse ao Concello de Lugo en xuño para denunciar “o estado” no que se atopaba o ‘Leiraparking’, dado que por mor desas notables deficiencias converteuse nuns poucos meses de uso “nun perigo” tanto “para as persoas como para os vehículos”.

Segundo informou o tenente de alcalde de Lugo, o nacionalista Rubén Arroxo, a actuación consistirá na colocación de “unha capa zahorra de 10 centímetros, que permitirá a drenaxe de auga evitando que se formen charcos e bulleirais”.

Ademais, “delimitarase a zona de paso da de estacionamento”, usando “zahorras de diferentes cores”, co obxectivo de que se eviten atascos provocados por vehículos mal aparcados. Arroxo tamén indicou que “o ideal sería asfaltar, pero a día de hoxe, dado que o terreo está afectado por un 5% do Plan Xeral sen aprobar, non é posible”.

“Na obra anterior utilizouse un material cunha granulometría demasiado fina, o que provocou -unido a que o final das obras coincidiu co inicio da época de choivas- multitude de charcos”, precisou o edil nacionalista. O aparcadoiro quedou valado o pasado venres para evitar o estacionamento de vehículos e as obras de reparación desenvolveranse nun prazo de tres semanas.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

Chuvia, tractores e presión política: os gandeiros interpelan á Xunta e á Deputación de Lugo por Mercosur

Tras unha intensa xornada de protestas, os gandeiros e agricultores de Agromuralla e de...

O PP acusa a PSOE e BNG de “pisar o feminismo” para manter o poder na Deputación de Lugo

O portavoz do Grupo Parlamentario Popular, Alberto Pazos Couñago, sinalou que o novo goberno...

Excarceran a un condutor tras caer co seu coche por un terraplén en Samos

Os Bombeiros de Sarria tiveron que excarcerar a unha persoa tras caer co seu...