InicioMedioambiente e PatrimonioLugo, pioneira na "xestión intelixente" de residuos

Lugo, pioneira na “xestión intelixente” de residuos

Este novo sistema evitará "impactos no medio ambiente" e "axilizará o tráfico ao reducir o paso de camións"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo anunciou que esta semana iniciará as probas piloto para implantar unha “xestión intelixente dos residuos sólidos urbanos”, mediante a instalación de cen sensores volumétricos nos colectores para ter información en tempo real sobre aqueles recipientes que están cheos e cales están medio baleiros, co obxectivo final de mellorar a eficiencia na recollida.

En principio, segundo informou o goberno local, para levar a cabo esta experiencia piloto foron elixidos os colectores de envases lixeiros e de papel, porque a intención da concellaría de Medio Ambiente, que dirixe Álvaro Santos, é aproveitar esta iniciativa para abordar un cambio no sistema de recollida deste tipo de desperdicios.

Até a data utilizábase un sistema de carga superior, pero a partir de agora empregaranse vehículos de carga lateral, o que, segundo Medio Ambiente, “incrementará a eficiencia da mesma”, cun maior número de colectores recolleitos por xornada.

Esa medida tamén permitirá “aliviar as disfuncións provocadas pola caída do prezo do papel, que supuxo un gran aumento de entrada de cartón comercial no sistema de residuos domiciliarios”.

Álvaro Santos precisou que “a colocación dos sensores comezará o xoves, día 5 de setembro, xunto coa realización de diferentes probas na nave do servizo”, concretamente no referente á “cobertura de datos e funcionamento das comunicacións do sistema, a elevación dos colectores co sensor xa instalado e o enchido parcial dos mesmos para comprobar os seus comportamentos”. “Son estudos necesarios con carácter previo á súa instalación na rúa”, precisou.

A obtención de información sobre o estado de cada colector permitirá mellorar a eficiencia da recollida de residuos, dado que os camións desprazaranse directamente aos recipientes que están cheos, sen necesidade de pasar por aqueles que aínda están “medio baleiros”. Á parte de mellorar a eficiencia, este novo sistema evitará “impactos no medio ambiente” e “axilizará o tráfico ao reducir o paso de camións”.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...