InicioSucesosPalas de Rei toma medidas para frear os ataques de lobos e...

Palas de Rei toma medidas para frear os ataques de lobos e cans ao gando da zona

O Concello confirmou que se empregan patrullas de Protección Civil para tratar de localizar estes animais logo de que nos últimos días se sucederan varias agresións ás vacas dun veciño.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Palas de Rei Pablo Taboada, confirmou que se empregan patrullas de Protección Civil para tratar de localizar cans salvaxes ou lobos que atacan o gando en Vilar de Montes, onde nos últimos días se rexistraron varias agresións ás vacas dun veciño.

E non só iso, senón que, segundo explicou o rexedor, estes cans chegaron a intimidar a máis dun veciño. Por iso, o Concello tomou a decisión de “retirar máis de vinte cans da zona” dende o mes de marzo. Agora que se volven a dar ataques, os efectivos de Protección Civil “están a facer roldas: dúas pola mañá, tres ou catro pola tarde e mesmo á primeira hora da noite”. Non obstante, a busca non obtivo resultados polo momento.

Respecto dos cans “retirados” na zona (que tamén comprende a aldea de Vilar da Ulloa), Taboada comentou que “algúns tiñan propietarios e outros non”. “Recollémolos e entregámosllos á autoridade competente”, abundou. Logo daquelas actuacións, non se detectara “máis presenza” destes cans salvaxes ata os ataques destes últimos días, cando un veciño descubriu varias cabezas de gando danadas.

GARDAR OS ANIMAIS NAS CORTES

Sobre estas agresións en concreto, Pablo Taboada afirmou “descoñecer” se son provocadas por lobos ou por cans salvaxes. “Descoñecemos se son cans ou lobos, pero tentarémolo detectar”, avanzou o alcalde, que recomendou aos veciños de Vilar de Montes e de Vilar da Ulloa que “garden os seus animais nas cortes”, especialmente pola noite.

ÚLTIMAS

O Concello de Rábade prepara un “reacollo estable” para os 13 membros da familia cuxa casa resultou calcinada

O Concello de Rábade ultima os trámites para poder ofrecer unha "reacollo estable" aos 13 membros,...

Arden dous edificios no centro de Rábade

Un incendio calcinou dous edificios de dúas plantas no centro do municipio de Rábade...

Identificados dous menores en Lugo por tirar pedras a coches aparcados

A Policía Local de Lugo identificou o pasado 25 de abril a dous menores que...

Denunciado en Lugo un condutor baixo os efectos do alcol, que se saíu da vía e chocou contra un sinal

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un condutor que deu positivo no...