InicioSociedadeGardas Civís denuncian o "deterioro" dalgunhas casas-cuartel de Lugo

Gardas Civís denuncian o “deterioro” dalgunhas casas-cuartel de Lugo

Tachan de "escusa" a suposta "falta de orzamento" coa que se xustifica a carencia de actuacións de mellora.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Española de Gardas Civís (AEGC) denunciou a falta de orzamento para reparar as casas cuartel dos axentes na Comandancia de Lugo, e criticou que a Dirección Xeral destas forzas de seguridade ten “outras prioridades” e utilízao como “escusa”.

A Asociación sinalou este domingo, a través dun comunicado, que a Dirección Xeral da Garda Civil utiliza como “escusa” a falta de orzamento para deixar que os edificios se vaian “deteriorando” de forma “alarmante”. Así, AEGC censurou o feito de que en moitos municipios existen cuarteis pero non hai unha oferta de vivenda para os axentes. Ademais, fixeron fincapé en que nalgunhas comunidades como Madrid, Euskadi ou Cataluña, “o soldo non chega”.

Pola súa banda, a organización tamén indicou que na Comandancia de Lugo a “prioridade” das partidas para arranxos non se sitúan nas “vivendas dos axentes”. “Houbo orzamentos para os edificios centrais como cafetaría ou pavillóns para transeúntes, pero non hai un euro para as vivendas das familias dos gardas civís“, engadiu.

Conforme a isto, a asociación criticou que se trata de danos que “non son actuais”. “Non viron un bote de pintura desde 2006 e o máis grave, o frío cóaselles polas xanelas no inverno”. Por iso, reclaman unhas “vivendas dignas, como recoñece a Constitución”.

+ posts

ÚLTIMAS

Frustrado un roubo nunha nave industrial en Lugo e detido un dos implicados

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un home como presunto autor dunha tentativa...

Detidas en Lugo unha nai e a súa filla por unha suposta agresión mutua

A Policía Local de Lugo detivo unha muller e a súa filla como presuntas...

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...