InicioSociedadeO Goberno autoriza un gasto de 21 millóns de euros para mellorar...

O Goberno autoriza un gasto de 21 millóns de euros para mellorar estradas de Lugo

Os labores realizaranse na A-6, a LU-11, a N-VI e a N-640.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello de Ministros autorizou este venres 19 a celebración dun contrato de servizos para a execución de diversas obras de conservación e explotación de estradas do Estado na provincia de Lugo. O valor estimado destas operacións é de 21,27 millóns de euros.

En concreto, o diñeiro destinarase a mellorar os servizos de vixilancia, atención de accidentes, subministración eléctrica, iluminación e sinalización, entre outros. Así mesmo, ese montante tamén contempla os traballos de roza, fresado e reposición do firme ou limpeza de cunetas.

As estradas incluídas neste plan son as seguintes: a A-6 (tramo Cereixal-límite provincial), LU-11 (Nadela-Tolda de Castela), N-VI (nos tramos Cereixal-Nadela; Tolda-enlace coa N-640-Ramil-Rábade-límite provincial), e a N-640.

ÚLTIMAS

Segue a busca da octoxenaria desaparecida en Lugo

A Policía Nacional de Lugo continúa dirixindo o operativo de procura de Isaura, de...

A Deputación de Lugo aproba a licitación para polígono da Fonsagrada, por máis de 2,6 millóns de euros

A Deputación de Lugo deu un paso decisivo para dotar á Fonsagrada de chan...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...