InicioMedioambiente e PatrimonioA Xunta activa a alerta laranxa por treboadas na provincia de Lugo

A Xunta activa a alerta laranxa por treboadas na provincia de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou a alerta laranxa por treboadas nas provincias de Lugo (Montaña e Sur) e Ourense (Sur, Montaña e Valdeorras) e un aviso amarelo noutras zonas de Galicia.

Pola súa banda, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) informou de que as treboadas poderán ir acompañadas de sarabia e refachos de vento “moi fortes”. Ademais, as choivas con precipitacións acumuladas poderán alcanzar o nivel amarelo e superar os 15 milímetros por hora naquelas zonas onde exista treboada.

Por este motivo, a Xunta informou –a través do 112 Galicia– aos concellos afectados, deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil para que adapten as medidas oportunas e así garantir a seguridade dos cidadáns.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...