InicioPolíticaO PP de Lugo presenta o seu novo grupo con cinco deputados...

O PP de Lugo presenta o seu novo grupo con cinco deputados que se estrean neste mandato

Candia pide ao PSOE que "deixe de utilizar as institucións como instrumento onde tenta arranxar as desavinzas internas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Lugo, Elena Candia, presentou este sábado ao equipo de traballo que conformará o novo grupo provincial popular na Deputación lucense, que contará con cinco deputados que se estrean neste mandato, entre os cales se atopa o exalcalde de Foz, Javier Castiñeira.

“Temos un proxecto de provincia que esperamos poder executalo para gobernar esta institución, se respectan o que decidiron os veciños, pero se os que perderon non nos deixan facelo, faremos unha oposición construtiva e coherente”, subliñou Candia, quen subliñou que se trata dun “gran equipo” que “gañou as eleccións”, polo que “está en disposición de gobernar”.

Tal como recolle o PP de Lugo en comunicado, en total son 12 os deputados populares na Deputación, dos cales cinco se estrean no cargo. Trátase do xa nomeado Javier Castiñeira; do concelleiro de Lugo, Óscar Poy, e dos alcaldes de Palas de Rei, Friol e Folgoso do Courel, Pablo Taboada, José Ángel Santos e Lola Castro, respectivamente.

Vimos con ilusión e con ganas de traballar. Apostamos pola colaboración institucional e o reforzo do traballo conxunto co Goberno do Estado, a Xunta e os concellos. Todo o contrario de como empregou estes anos o PSOE a Deputación”, indicou Candia.

DESAVINZAS INTERNAS DO PSOE

Desta maneira, pediu ao PSOE “que deixe de utilizar as institucións como instrumento onde tenta arranxar as desavinzas internas”. “Nós falamos da provincia e temos a responsabilidade de non traer ningún problema a esta administración”, sentenciou.

Así, insistiu en que a acción do PP estará centrada en demandar ao goberno novos instrumentos que potencien os servizos sociais, o emprego e desenvolvemento dos sectores produtivos, a mocidade e a infancia, a mellora das infraestruturas e a posta en valor do potencial ambiental, cultural e turístico do que dispón a provincia.

Ademais da propia Candia, polo Partido Xudicial de Mondoñedo serán deputados provinciais Javier Castiñeira e Jesús Novo. Por Vilalba estará Agustín Baamonde, exalcalde da capital da Terra Chá.

Polo Partido Xudicial de Lugo Óscar Poy, José Antonio García, Jesús Núñez, Francisco Balado, José Pardo Lombao e José Ángel Santos; mentres que por Chantada Pablo Taboda e por Monforte Lola Castro.

ÚLTIMAS

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...

O Supremo ratifica a expulsión dun garda civil de Lugo condenado por maltratar á súa parella

A Sala do Militar do Tribunal Supremo ditou unha sentenza na que ratifica a resolución do...

‘Hkoffee’, da empresa lucense Himikode, estará presente na maior feira mundial do sector Horeca

A empresa tecnolóxica lucense HimiKode foi seleccionada para participar en Host Milano 2025, que...

Tres dos seis intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán seguen hospitalizados

Continúan hospitalizadas tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas esta fin de...