InicioEconomíaEste xoves, moda e comercio local co 'Lugo vístese de primavera'

Este xoves, moda e comercio local co ‘Lugo vístese de primavera’

O evento de moda organizado pola Asociación de Autónomas de Lugo, coa colaboración de Deputación e Concello, terá lugar este xoves ás 20:30 horas nos corredores da planta baixa das instalacións provinciais

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Pazo de San Marcos acolle este xoves segunda edición do desfile Lugo vístese de primavera. O certame, organizado pola Asociación de Autónomas de Galicia, conta coa colaboración da Deputación e do Concello de Lugo. Aspira a reactivar o comercio de proximidade e pór en valor os produtos que ofrecen. O executivo provincial destina 1.500 euros á celebración desta cita, que a Fundación TIC grabará para a promoción na provincia.

No desfile participarán 21 comercios da capital lucense que amosarán as súas propostas a través dunha trintena de modelos, nenos e adultos. Terá lugar o xoves 7 de xuño ás 20.30 horas nos corredores da planta baixa do pazo de San Marcos. A entrada será totalmente gratuíta, tendo un aforo limitado de 300 persoas; os billetes poderanse conseguir nos diferentes comercios participantes.

A deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, salientou durante a presentación do evento que “é necesario concienciar sobre a importancia de mercar nos comercios que temos ao pé da nosa casa, axudan a dinamizar a economía e a vida nas vilas da provincia”. A deputada informou de que o comercio dá emprego a 12.500 familias lucenses, representando o 16 por cento dos postos de traballo e o 13 por cento do Produto Interior Bruto (PIB).

A concelleira de Economía, Ana Prieto, agradeceu o papel da Asociación de Autónomas de Lugo –representada na presentación pola presidenta, Marta López– para impulsar o comercio de proximidade, e tamén á Deputación polo pulo á empresa rexentada por mulleres. O sector é vital para a economía da capital lucense, á que aporta o 14 por cento do seu PIB.

En palabras de Prieto, Lugo ten “un dos seus principais expoñentes precisamente na Asociación de Autónomas, que ao longo do ano promove un importante número de actividades orixinais e atractivas coas que estimulan as vendas, e ao mesmo tempo, lle dan aínda máis vida ás rúas da nosa cidade”. A concelleira defendeu o papel das administracións no apoio do comercio pero lembrou que o seu éxito depende “da capacidade de innovación e emprendemento”.

Pola súa banda, López agradeceu a implicación da Deputación e do Concello de Lugo para celebrar unha nova edición de Lugo vístete de Primaveira, e convidou a todos os veciños da provincia a participar no desfile e “coñecer de primeira man todas as propostas de moda, complementos, calzado ou bixutería coas que contamos”.

21 comercios e 30 modelos

Na segunda edición do Lugo vístese de Primaveira participará unha ampla representación do comercio de proximidade de Lugo: téxtil, calzado, xoiería, peletería, perfumes, ou deporte, entre outros. Os 21 establecementos lucenses participantes son: Black Market, Chic Fashion & Co, Cepece, Cuplé, Dándara, El armario de QK, Lilas, Malizia, Mariña, Mecos, Miky moda, Miriam Souto, Miss mariquita, Moninadas, Opticalia Callao, Peleterías Lucus, Rosa Clará, Urban Foot, Veritas Veritatis, Violeta y Chloe.

+ posts

ÚLTIMAS

O paseo do Río Rato, un verxel con 155 hortos urbanos en pleno centro de Lugo

O entorno do paseo do Rato, no concello de Lugo, acolle un verdadeiro vergel...

Hospitalizadas dúas persoas tras unha colisión frontal entre unha furgoneta e un turismo en Vilalba

Dúas persoas tiveron que ser trasladas polos servizos sanitarios tras producirse unha colisión frontal...

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...