InicioSociedadeO Arde Lucus acolle ata o domingo 400 actividades e roza o...

O Arde Lucus acolle ata o domingo 400 actividades e roza o 100% de ocupación hoteleira

Toda a cidade está involucrada nun Arde Lucus xa de marca, polo menos en canto á hospedaxe e para a hostalaría, co cartel de completo para pasar a noite na cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un ano máis, e xa van 18 edicións, a cidade de Lugo énchese das cores da Roma Imperial e da Galicia dos castros, na festa de exaltación do pasado romano de Lugo, que comezaba este xoves e celébrase ata o domingo.

Case 400 actividades, 13 campamentos e 17 asociacións, coroan un Arde Lucus que se abriu co desfile das lexións e a súa entrada a Lucus Agusti desde a ponte romana.

Coa inauguración, a partir do cinco da tarde, do ‘Macelum’ ou mercado na Praza Maior, dáse o pistoletazo de saída a unha festa considerada de Interese Turístico Nacional e Galego e que persegue agora o recoñecemento internacional.

Toda a cidade está involucrada nun Arde Lucus xa de marca, polo menos en canto á hospedaxe e para a hostalaría, co cartel de completo para pasar a noite na cidade.

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría, Cheché Real, asegura que se rolda xa “o cento por cento de ocupación hoteleira”, aínda que matiza que a ocupación durante o fin de semana “vai depender do tempo”. “Que non faga acto de presenza a choiva” desexa.

“A festa do Arde Lucus é unha festa ascendente e como nos últimos anos, a implicación da sociedade en canto a caracterización é un dos grandes éxitos desta festa. Sérvenos a nós como forma de promoción non só da cidade senón de toda a provincia”, valorou.

Centos de miles de persoas visitarán estes días a cidade, segundo as previsións do concello, o que tamén arrinca grandes “beneficios” na hostalaría. Aínda que Real di que “non” ten “nin idea” do volume de ganancias, si que admite que “é un bo negocio, un bo momento para toda a hostalaría”.

No entanto, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría aproveitou para alertar de que están a ter “problemas” á hora “de coller xente para traballar” non só no seu sector, senón tamén no Arde Lucus”.

“Temos un verdadeiro problema. Non atopamos xente nin para cociña, nin para sala, e levamos así varios anos. É un problema que nós temos que mirar por dentro no sector, pero hai outros factores alleos. Isto non só pasa en Lugo senón en Galicia e é un problema que se agrava”, avisou.

Finalmente, quixo lanzar unha mensaxe de “agradecemento” do sector da hostalaría e hospedaría cara á concelleira de Cultura, Carmen Basadre, que deixará o concello de Lugo despois de 20 anos porque foi “a impulsora” deste acontecemento multitudinario. “Desde a asociación estamos moi agradecidos porque, á parte do beneficio, serve de promoción de Lugo e da súa provincia”, explicou Cheché Real.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...