InicioLugo e contornaLugoXa podes votar para escoller o cartel anunciador do San Froilán 2019

Xa podes votar para escoller o cartel anunciador do San Froilán 2019

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo vén de abrir a votación popular do concurso de deseño gráfico para elixir o cartel que anunciará o San Froilán 2019. A festa declarada de Interese Turístico Galego e Nacional celebrarase este ano do 4 ao 12 de outubro.

Segundo apunta o concello nun comunicado, as 39 obras que compiten, pódense votar xa na web das festas patronais, www.sanforilan.info, ou accedendo a través do Facebook oficial destes festexos, www.facebook.com/sanfroilan.info, ata as 12:00 horas do día 31 de maio. Para poder realizar a votación soamente é necesario rexistrarse cun enderezo electrónico, o que permite un reconto de votos máis seguro.

Tal e como recollen as bases, tras esta votación popular, un xurado formado por tres persoas expertas seleccionará, entre as 10 de maior puntuación, a obra gañadora. O fallo levarase a cabo o 5 de xuño ás 11:00 horas na Casa Consistorial, día no que tamén se seleccionará o cartel do San Froilán Miúdo. Como en edicións anteriores, o premio para o gañador ou gañadora ascende a 2.000 euros e para o neno ou nena gañadora do cartel d

ÚLTIMAS

O Goberno inviste 25 millóns de euros para obras na A-6

O Consello de Ministros autorizou este martes a licitación por 25,17 millóns de euros...

Detido en Friol por entrar pola forza na casa dun coñecido, romper mobles e aveños e ameazalo de morte

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Friol a un home de 28 anos que...

Denunciada por falsificar un cartón de discapacitado para poder aparcar

A Policía Local de Lugo identificou e denunciou a unha condutora que facía uso...

Volve este luns ‘Lugo Termal’: descontos en balnearios lucenses para maiores de 50

A Deputación de Lugoabrirá este luns o prazo para solicitar as 1.750 prazas do programa...