InicioLugo e contornaUnha gran homenaxe ao escritor lucense Paco Martín: unha biblioteca e centro...

Unha gran homenaxe ao escritor lucense Paco Martín: unha biblioteca e centro social levarán o seu nome

O Concello de Lugo daralle o seu nome ao edificio que se construirá na Piringalla.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do goberno local de Lugo, o socialista Miguel Fernández, anunciou que o Consistorio destinará case un millón de euros a concluír o edificio onde se situará a biblioteca do barrio da Piringalla, que finalmente ampliará o servizo para converterse nun centro sociocultural.

Na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, Fernández precisou que o orzamento é de máis de 986.000 euros e contempla un prazo de execución “máximo de 18 meses” tras a licitación, que cre que podería producirse cara ao verán. O portavoz local concretou que terá uns “usos máis amplos” que a biblioteca, xa que se habilitará un centro socio cultural “grazas ao orzamento de 2018”.

“Entendemos que desta maneira cumprimos cun acordo plenario e saldamos unha débeda histórica cos veciños e veciñas da cidade”, manifestou nunha roda na que avanzou que o centro recibirá o nome do escritor lucense Paco Martín.

En concreto, o inmoble componse de planta baixa con soportal de entrada, vestíbulo, zona de control, sala de usos múltiples, zona infantil, biblioteca, aseos e tamén distintas salas de lectura.

ÚLTIMAS

Lío no Concello de Lugo por unha factura: Candia acusa a Arroxo de malversación

A portavoz do grupo municipal do PP en Lugo, Elena Candia, denunciou o que...

Alerta amarela na provincia de Lugo polo temporal con ventos de 100 km/h

O AEMET mantén o aviso laranxa para o litoral das provincias da Coruña e...

Investigan catro veciñas de Vilalba por presunto delito de furto

A Garda Civil investiga a tres veciñas de Vilalba (Lugo), de...

A Deputación e empresarios da provincia abordan alianzas entre Galicia e Uruguay

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e empresarios abordaron alianzas estratéxicas entre...